Harrison  Roach –  Edouard  Delpero e  Kaniela  Stewart-Justin  Quintal, as mellores cruces en cuartos

• O duelo entre o  rider australiano e o francés perfílase como un dos máis interesantes dos cuartos de final da competición de  Longboard masculina

• Na sesión de tarde, continúa disputándose a ronda de cuartos de final na categoría feminina.

Preséntanse como apaixonantes os cuartos de final da categoría masculina da competición de  Longboard no ABANCA Galicia Classic Surf Pro, pertencente ao calendario do World  Longboard  Championship Tour, que se están desenvolvendo na praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña). 

Os duelos entre  Harrison  Roach (Australia) e  Edouard  Delpero (Francia), así como o que medirá ao hawaiano  Kaniela  Stewart e o estadounidense Jason  Quintal, son a priori os máis atractivos desta ronda. 

Roach, terceiro na clasificación do Mundial, venceu fronte ao peruano Lucas Garrido (13,10 – 9,93), mentres que  Delpero (noveno) fixo o mesmo ante o estadounidense Tony  Silvagni (quinto clasificado) (13,03 – 10,65). 

Pola súa banda,  Kaniela  Stewart resultou gañador na súa manga fronte ao terceiro cabeza de serie, Tony  Jensen (Estados Unidos), demostrando que chegou nun gran estado de forma á cita galega (13,00 – 10,47).

O líder do Mundial, Justin  Quintal, cortou a traxectoria ascendente do español José Luis  Berasaluce, que se converteu na revelación nas dúas xornadas anteriores (11,20 – 10,47). 

Outro dos  riders que está a ofrecer unha gran versión, é o brasileiro  Jefson Silva, que avanza na competición á conta do seu compatriota Gabriel  Nascimiento (13,57 – 8,56).

A outra sorpresa da xornada foi a que deu o australiano Jack  Entwistle ao acabar primeiro na súa manga fronte a Antoine  Delpero (Francia), ao que arrebatou o paso no último minuto (12,96 – 12,00). 

Na manga final, o xaponés  Taka  Inoue impúxose a Cole  Robbins (Estados Unidos) por un tenteador acumulado de 13,17 a 12,64. 

Desde as 16:30 horas aproximadamente, están a disputarse as mangas correspondentes aos cuartos de final da competición feminina. 

Roach / WSL - Poullenot
Roach / WSL – Poullenot

APOIO: ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta coa colaboración institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO,GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.

Leave a Comment