1994

Volta ao outono, o campionato celébrase entre os días 22 e 25 de setembro.
De novo dúas probas en paralelo: campionato mundial valedoiro para o circuíto WQS (1 estrela) e campionato europeo.
Fred Robin, de Illas Reunión, vence a proba europea, e Eneko Acero o campionato WQS, na primeira final “men to men” que se celebra en Pantín fronte ao francés Boris Lle Texier. Eneko é o primeiro surfeiro español que vence nunha proba do circuíto mundial.
Tras a cancelación nese ano do Pukas Pro, o Pantín Classic convértese na única proba do circuíto WQS que se celebra en España.
A axencia británica de noticias W.N.T. grava cos seus cámaras a proba distribuíndo as imaxes a máis de 300 canles de televisión en todo o mundo.
O surafricano-ferrolán Paul Canning, Balis-Balis, participa por primeira vez en Pantín. Neste ano redáctase o proxecto de “Rexeneración Ambiental da Praia de Pantín”.

CÓMIC (en ingés):