1996

O ano do guindastre de Red Bull. Por segundo ano na súa historia o campionato celébrase no mes de agosto.
Jeff Hackman (Mr. Sunset) visitou o campionato. Esta edición caracterizouse pola escaseza de ondas. De feito o campionato houbo de prolongarse un día sobre o previsto.
Un mozo Taj Burrow (Australia) impresionou ao publico na expresión session. Russell Winter no EPSA, e Eneko Acero repetindo o título logrado en 1994 no WQS (categoría 3 estrelas), serían os vencedores.
Créase a páxina web do campionato: www.pantinclassic.com.
Competiron tamén nesta edición Michael Campbell (actual top-44, e subcampión mundial no ano 1994 tan só por detrás de Kelly Slater e pola menor diferenza de puntos da historia do circuíto mundial), Ozzie Wright, Mazz Quinn, Micky Picon ou Carwyn Williams.

REVISTA: