1998

Headworx é o novo patrocinador principal no campionato que alcanza por primeira vez a súa máxima categoría: 4 estrelas, e que pasará á historia polas súas inmensas ondas que alcanzaron os 6 metros de altura pola chegada a Galicia da cola do furacán Danielle.

O vencedor foi o Surafricano Sean Holmes que leva un premio de 4000 $.

Surfrider Foundation monta por primeiro ano unha caseta na proba.

Cando Danielle desbordou Pantín

A diferenza con outros deportes, no surf intervén de modo fundamental un factor, independente do humano, que pode marcar de modo rotundo o éxito ou fracaso da edición dun campionato: as ondas. En 1998 confluíron todos os elementos meteorolóxicos que fixeron desa edición unha edición histórica a lembrar.

Luns 31 de agosto de 1998: Tras un fin de semana relaxado os partes que chegan a través de internet indícannos que as colas dos furacáns Bonnie e Danielle están a xerar ondas enormes no Atlántico que varrerán Galicia nos vindeiros días. Quedan tres días para o inicio do campionato.

Mércoles 2 de septiembre: dende o martes o mar comezou a subir de tamaño e o mércores as condicións son perfectas para o adestramento dos surfeiros profesionais que chegaron á praia. Jeff Klugel, xuíz da ASP, cóntanos que antes de vir a Pantín puido gozar das ondas xeradas por Danielle na costa Este americana, e confírmanos que o furacán se despraza cara a Europa. Terá o luxo de gozar das ondas dun mesmo furacán en ambos os lados do atlántico.

Xoves 3 de septiembre: iníciase o campionato con excelentes condicións e coa vista posta nos partes que confirman que algo moi gordo vai pasar.

Venres 4 de setembro: o mar baixa un pouco, pero os prognósticos anuncian para o domingo unha subida salvaxe de 2,9 a 5 metros de altura de onda en só 6 horas.

Sábado 5 de septiembre: O sábado amence cun Pantín ruxindo que confirmaba os prognósticos. Ondas por encima dos tres metros son o normal, pero as grandes da serie xa alcanzan os 5 metros. Aitor, xefe de xuíces de ASP Europe, di que este é o golpe anunciado e que o mar irá cara abaixo. Ao acabar o día Clyde Martín, Antonio Valcarcel e a xente de Ociosport organizan todo por se mañá houbese que buscar unha solución alternativa e desprazar o campionato a Vilarube. Ao chegar á casa internet releva que o mar non só non comezou a baixar senón que seguirá crecendo e chegará aos 6 metros a partir do mediodía do domingo, xusto para a final.


Domingo 6 de septiembre: esa noite Clyde apenas dorme e antes de amencer xa está en Pantín mirando o mar. Está todo listo para o traslado a Villarube. Con todo ás 8:30 da mañá tan só rompe metro e medio perfecto na dereita, aínda que sen ninguén na auga. Todos os surfeiros están a preparar as súas táboas máis longas. Arrincan as mangas e a fábrica de ondas comeza a tolear. O mar medra e medra, pero sempre mantendo unha certa orde cunha porcentaxe elevada das ondas máis grandes rompendo ben. Ás tres da tarde Renato Hickel, xefe de xuíces da ASP internacional, nomea por primeira vez a Hawai: “sobe de rápido como nas illas e estase poñendo como en Sunset”. Decíndese cambiar os premios da expresión session: o primeiro premio para a onda máis grande. Steve Clements non se corta ante nada e lánzase a por unha onda de 5 metros. Con todo cáese. Volve ao pico e colle unha maior. Para a final hai que recoller toda a infraestrutura montada na praia. A pesar de todo unha enorme onda leva a cámara de Occy e a mochila de Pablo. A seguinte arrastra un colector de lixo sobre o cal se lanza Antonio Sabio para evitar que os desperdicios acaben no mar. Ao mar non hai quen o pare. O espectáculo está na auga, na beira, no público.
Fonte: desde la Croa