1999

De novo Headworx e regresa Ballantines como patrocinadores principais.
O campionato mantén a súa categoría de 4 estrelas, no que é sen dúbida o ano das estrelas: Joel Parkinson, Bruce Irons, C.J. Hoodgood, os irmáns Malloy, Andy McDonald, Yuri Sodre, Shane Powell, Paul Canning, Flavio Padaratz, Mark Bannister, Greg Emslie, Nicky Wood, … elevaron o nivel dos participantes e a competición ata onde nunca se chegou en Pantín. En total 160 surfeiros de 15 países, 56 deles australianos.
As ondas tamén acompañaron.

Nunha final de luxo, impúxose sobre todos eles o australiano Joel Parkinson que ese ano proclamaríase campión do mundo junior en Hawaii e vencería ao top-44 no campionato de Jeffreys-Bay.

SUCEDEU NO 1999

MARTES, 5 DE MARZO DE 2013

Joel Parkinson
Joel Parkinson

no podium

Estes días estase celebrado a primeira das probas que compoñen neste ano 2013 o World Tour. O ano comeza con Joel Parkinson como Campión do Mundo, o cal parece manter o excelente momento de forma con que concluíu 2012. Neste ano, de momento, venceu na primeira proba do circuíto na que participou: as 4 estrelas de Merewether.

A súa vitoria en 2012 foi especialmente celebrada no Océano Surf Club. Joel Parkinson é o primeiro Campión do Mundo que se fixo coa vitoria en Pantín. E do seu paso pola nosa praia, en 1999, fálanos Vicente Irisarri, presidente do club durante os seus primeiros 18 anos de historia, que con esta entrada únese ao equipo de redacción do blogue do Océano Surf Club.

Teño un recordo moi vivido do campionato de Pantín de 1999. Podería volver escribir sobre o agora con palabras diferentes, pero pola súa vixencia prefiro transcribir, case de forma literal, algúns parágrafos da crónica que preparamos para a revista do Pantín Classic do ano seguinte.

“Cada edición do Pantín Classic ten a súa propia historia. Se 1991 e 1998, por exemplo, caracterizáronse polas súas enormes ondas, 1999 foi o ano da choiva de estrelas. É certo que por Pantín xa pasaran campións do mundo como Tom Curren, Occy ou Damien Hardman, pero a participación de primeiras figuras do pasado ano superou todo o anterior e desbordou as nosas previsións.

Ata oito Top-44 do momento, encabezados polo gran Shane Powell. Outros que deixaran de selo como Nicky Wood ou Tony Ray, especialista este en ondas xigantes como Paul Patterson que lle acompañou. Competiron tamén outros seis surfeiros que ao ano seguinte entrarían no circuíto WCT, encabezados por Flavio Padaratz, Paul Canning, Yuri Sodre e Rusell Winter. Así mesmo participou o campión de Europa, Eneko Acero, xunto con outros excampeones de Pantín como Joca Junior, Seth Hulley e Sean Holmes. Estrelas emerxentes do surf innovador hawaiano como Bruce Irons e estrelas fashion de California como Dan e Keith Malloy… así ata 150 surfeiros de 15 países.

Pois ben, a todos eles superou o novo ídolo australiano, o mozo Joel Parkinson. Parko, que un par de meses antes derrotaba ao Top-44 ao completo en Jeffrey’s Bay e dous meses máis tarde do Pantín Classic proclamaríase en Hawaii campión do mundo junior. En Pantín demostrou o por que dos seus éxitos. Joel Parkinson combina marabillosamente o surf máis innovador coas manobras clásicas. Non é estraño verlle na mesma onda un bottom de fábula e un aéreo incrible pero, ademais, Parko posúe ese don especial de entrar en sintonía co océano, un instinto que lle fai coñecedor do ritmo, tamaño e posición por onde entrarán as mellores ondas. Le o mar como poucos. Démonos conta desde a primeira manga e vímoslle outras seis, ademais da final. Unha delicia. Dicíanos Sarge -o soado xornalista- que desde a aparición de Occy, Parko foi o surfer máis impactante que xurdiu da inesgotable e fantástica canteira australiana. Ten 19 anos e está destinado a ser, algún día, campión do mundo.”

Así, con este presaxio, acababa o artigo. Finalmente cumpriuse, afortunadamente para el e para todo o planeta surf, pois Parko goza dun unánime aprecio. Merecíase o título sobradamente. Nos trece anos transcorridos desde entón, foi catro veces subcampión do mundo e tres veces campión da Tripla Coroa hawaiana. Este ano non só foi o surfer máis regular senón que a súa vitoria no Pipeline Masters puxo un broche de ouro á súa tempada.

Este final corrobora tamén o que hai uns meses dicía Aitor Agirremota, o máis prestixioso dos nosos xuíces internacionais, cando afirmaba que “para ser alguén no mundo do surf  antes hai que pasar por Pantín”. Por certo, fai tres anos fixemos o mesmo prognóstico para outras dúas novas estrelas que nos visitaron, o hawaiano John John Florence e o brasileiro Gabriel Medina, pero eles non gañaron o Pantín Classic, Parko si.

-V. Irisarri

Fonte: El blog del Océano Surf Club

REVISTA: