2001

O campionato vén marcado polo atentado en Nova York ás Torres Xemelgas, tres días antes do inicio da proba. De feito Pantín será a última competición que se celebre do circuíto mundial ese ano.
Mantense a categoría de dúas estrelas na competición masculina e o campionato feminino pasa a formar parte do circuíto europeo.
O hawaiano Shawn Sutton e de novo a francesa Marie-Pierre Abgrall fanse cos títulos de vencedores.
O australiano Kai Otton alcanzaba a primeira dos seus tres finais consecutivas. Marie-Pierre Abgrall logra ser a primeira europea que se clasifica para o circuíto WCT feminino.

REVISTA: