2008

Sen dúbida unha edición que pasará á historia por moitos motivos. Tras vinte anos o Océano Surf Club cede a organización ao Club Praia de Pantín, iniciándose unha nova etapa para o evento. Alcánzase a categoría de 5*, a máis alta na historia da proba, celébranse as primeiras mangas “man to man”, e o campionato é retransmitido por primeira vez en directo a través de internet, o que sobe o número de visitas da web a máis de 120.000.
Na auga, as ondas permitiron gozar tamén doutra edición mítica, con series que superaron os 5 metros de altura, que permitiron aos surfeiros surfear moitas ondas puntuadas con 10.
Na final, o brasileiro William Cardoso vencía sobre o tahitiano de Michel Bourez. Na competición feminina a arxentina Ornella Pellizzari facíase coa proba, a primeira non europea en logralo.