2009

Os axustes de orzamento levan a que este ano desapareza da programación a proba feminina. Por primeira vez en dez anos só se celebrará a proba masculina, que mantén a categoría de cinco estrelas lograda o ano anterior, e na que repite vitoria o brasileiro William Cardoso, que se impuxo na final ao tamén brasileiro Rodrigo Dornelles.

Gony Zubizarreta, nun excelente momento de forma tras gañar a proba de cinco estrelas de Zarautz, queda a un paso da final alcanzando as semifinais.