2012

REVISTA (Castelán):

25 anos de historia, 25 edicións celebradas de modo ininterrompido.

Os actos de celebración do 25 aniversario marcaron a edición de 2012. Nese ano a Xunta de Galicia outorga ao Océano Surf Club a “Distinción ao Mérito Deportivo”, en recoñecemento polo labor efectuado a favor do surf en Galicia, e en especial por organizar o Pantín Classic durante as suas 20 primeiras edicións.
A principios do ano 2013 o Pantín Classic recibía a medalla de ouro da cidade de Ferrol.
Publícase unha nova edición do libro sobre o campionato, recollendo os seus 25 anos de historia.

Xa no evento, e cunhas condicións de mar excepcionais, repetíase a final celebrada facía 25 anos, con Jorge Imbert, Fernando Adarraga e Balbino Irisarri na auga, á que se sumarían despois outros participantes na edición daquel ano. Na competición feminina, cunha categoría de 6 estrelas, a californiana Sage Erickson vencería na final a Alizee Arnaud, conseguindo desta maneira a súa clasificación para o CT do ano seguinte.

Na proba masculina, Marlon Lipke repetía o título conseguido no ano 2007, sumándose desta maneira á selecta lista de bicampións en Pantín.