30 Xullo, 2019

2016

O californiano de orixe xaponesa Kanoa Igarashi e a tamén californiana Sage Erickson foron os vencedores da 29 edición do Pantín Classic Galicia Pro, con 6 estrelas en ambas as categorías, masculina e feminina. A proba volvía así ao seu máximo nivel, participando nela todos os surfeiros top do circuíto WQS, e varios do CT como o propio Igarashi ou Jeremy Flores.
Erickson lograba con esta a súa segunda vitoria no campionato tras a lograda en 2012. Na final enfrontouse contra a francesa Pauline Ado, á que vencía no último minuto cunha onda puntuada cun 8,93. “Foi unha final incrible con moitas series entrando. Tentaba estar atenta e con esperanza de que chegase a onda adecuada. Non podo crer que collese esa última onda ata a orilla”.

Na proba masculina moitos dos favoritos caeron antes da semifinais, ás que accedían Kanoa Igarashi e os brasileiros Thomas Hermes, Michael Rodrigues e Ian Gouveia. Á final chegaría Igarashi e Rodrigues, facéndose o californiano coa vitoria.