O ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2026 XA TEN OS SEUS PRIMEIROS CAMPIÓNS

Gran remate de ouro á competición de surf adaptado que bateu todos os récords de participación, con corenta deportistas e algúns dos mellores da súa categoría a nivel internacional.

PANTÍN, 23 DE AGOSTO DE 2026.

O podio do Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2026 está de estrea. Os primeiros campións do evento xa se coroaron no recoñecido areal do Concello de Valdoviño. Os dous días de competición de surf adaptado, con ata corenta participantes de nivel internacional que superaron o récord de participación destas probas, concluíron co mellor sabor de boca posible. Un remate de ouro cimentado en unhas condicións idílicas, medio metro de ondada e vento en calma, que permitiron aos surfistas gozar de ondas excelentes.

Na categoría Prone 2 (deitados e con axuda na auga) feminina, unha das figuras deste deporte, a marbellí Sarah Almagro (cun total de 14.50 para o cómputo das súas dúas mellores ondas) logrou un novo título ao vencer con claridade na final a Upé Mikalauskaite (8.56) e Esther Bode (8.54). En Prone Open, Miguel Silva (14.50) impúxose a Antonio Muller (8.13), Marcos Tapia e Philip Wipfli. En Prone 2 Masculino, Pedro Palma (9.17) gañou a Sebastian Bass (8.70), Pochat Pierre (7.30) e Julian Blecher (7.20).

En Kneel/Upright (de xeonllos), Ibai Hervás (12.50) conseguiu o triunfo en Pantín na categoría masculina e na feminina, Habasque Chloé (6.76) superou a Chris Heer (3.60). En stand 2 Open, Xabier Ayestaran (9.24) alcanzou o primeiro chanzo do podio ao gañar a Hugo Rocha (9.16) e a Joseba Mercader (3.54). En Visual 2 masculino, Pedro Rodríguez (6.80) impúxose a Asier Correa (6.06), Ignacio Sole (6.00) e Dani Souto (4.30). En Visual 1 masculino, Ben Neumann (15.84) levou a vitoria ao derrotar a Pablo Cabezas (5.63), Pablo Martínez (4.90) e Milan Rivoiro (4.60); Marta Jordao (10.00) fíxose co primeiro posto en Visual 1 feminino. En stand 1 Open, Camilo Abdula (14.84) foi o gañador por diante de Saioa Huarte (3.40) e en stand 3 feminina, Mireia Cabeñes (3.73) superou a Mirjam Blattmann-Sueess (3.53).

Os triais, dende primeira hora da mañá

Mañá retómase o evento cos triais do QS 6000 International da World Surf League (WSL), no que participarán algúns dos novos talentos do surf galego que buscarán un oco na proba raíña do Abanca Pantín Classic Galicia Pro. Quen consiga gañar esta proba clasificatoria, tanto na categoría masculina coma na feminina, que arrincará ás 8.00 horas, terá unha invitación para entrar no cadro principal do campionato da WSL.

Programa para mañá, luns 24 de agosto:

Competición WSL

De 08:00 a 17.00 horas Triais

Zona Market
11.00 horas

Apertura da tenda oficial, área de skate e Corresponsables
12.00 horas

Apertura dos diferentes stands

Actos oficiais

18.00 horas
Entrega de Wildcards

Para coñecer a programación completa do Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2026, consúltao en classicsurfpro.com



Deixa un comentario