A 35ª EDICIÓN DO ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022 CONTARÁ CUNHA LUDOTECA GRATUITA

  • Cursos de skate, bautizos de surf e moitas actividades para os máis pequenos.
  • Permanecerá aberta durante todos os días de competición.

O 35 aniversario do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022 preséntase como moito máis que un evento deportivo. Unha das principais novidades desta nova edición é que contará cunha ludoteca.
 
Esta iniciativa pioneira da Xunta de Galicia, a través do Plan Corresponsables, apoiará o programa de actividades que se desenvolverá na 35 edición do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022 para facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos asistentes. o evento como público, dos deportistas e dos propios traballadores.
 
Así, os máis pequenos poderán gozar dunha gran variedade de actividades dirixidas a fomentar o deporte. Haberá bautizos de surf, clases de skate na rampla instalada, obradoiros de reciclaxe, limpeza de praias e diferentes xogos, entre outras moitas actividades que actuarán como catalizadoras dos valores que a Xunta de Galicia promove a través desta iniciativa diferenciadora.
 
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza, puxo en valor o deporte como motor de cambio ao inculcar e promover valores como a tolerancia e o respecto, a disciplina e o compañeirismo, e avogou polo éxito desta ludoteca como ferramenta para impulsar a conciliación e a corresponsabilidade.
 
“Temos que dar un paso máis nestas medidas para camiñar cara a unha racionalidade e un bo uso dos tempos e dos horarios tanto en mulleres como en homes. E para iso é fundamental impulsar, implicar e facer partícipe a toda a sociedade e activar un pensamento e un actuar corresponsable”, manifestou a conselleira.  
 
A ludoteca ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2022 abrirá as súas portas na praia de Pantín, Valdoviño, o vindeiro sábado 9 de xullo e seguirá funcionando ata o domingo 17 en horario de 10:00h a 14:00h polas mañás e de 16:00h a 20:00h pola noite.

Deixa un comentario