A elite do Longboard cítase nas semis do ABANCA Galicia Classic Surf Pro

• O francés  Edouard  Delpero foi o protagonista en cuartos de final, conseguindo a ‘Mellor onda da competición’, cunha puntuación de 8,50

• Os cruces de semifinais en categoría masculina son:  Edouard  Delpero – Justin  Quintal (Estados Unidos) e  Kai Sáeas ( Hawaii) –  Taka  Inoue (Xapón) 

• En categoría feminina, os emparellamentos son:  Chloe  Calmon (Brasil) –  Justine  Depont (Francia) e  Rachael  Tilly (Estados Unidos) –  Honolua  Blomfield ( Hawaii) 

• A competición arrinca ás 13:00 horas, mentres que as finais disputaranse entre as 17:00 e as 18:00 horas, aproximadamente.

O francés  Edouard  Delpero ofreceu o seu mellor surf, conseguindo a ‘Mellor onda do día’ en categoría masculina, e de toda a competición, cun 8,50, na primeira manga de cuartos de final que lle mediu ao australiano  Harrison  Roach. A cita está a desenvolverse na praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña) e está incluída dentro do World  Longboard  Championship Tour –  WLC/6.000. 

Delpero, vixente campión de Europa da especialidade de  Longboard e noveno clasificado do mundial, tivo unha gran actuación, fronte a un  Roach que chegaba á proba galega como claro favorito ao triunfo. Ademais, o galo logrou o ‘Mellor resultado acumulado do día’, cun total de 16,17 puntos. 

Blomfield / WSL - Poullenot
La hawaiana Honolua Blomfield se clasificó para las semifinales del Longboard femenino del ABANCA Galicia Classic Surf Pro./ WSL / Poullenot

Na segunda manga da ronda, tamén se viu un bonito enfrontamento entre o líder da competición, Justin  Quintal (Estados Unidos) e o hawaiano  Kaniela  Stewart, que finalizo coa vitoria do primeiro (15,00-12,60 puntos), despois de remontar un resultado adverso durante o inicio do ‘ heat’. 

A boa traxectoria do brasileiro  Jefson Silva viuse cortada, despois de que o hawaiano  Kai Sáeas (noveno na clasificación do Mundial) superarlle se na terceira manga (13,00-11,40 puntos).

Por último, o xaponés  Taka  Inoue continúa na competición e métese na pelexa por entrar na final, ao gañar no seu duelo ante o australiano Jack  Entwistle (10,53-9,53 puntos).

No apartado feminino non houbo grandes sorpresas. As tres primeiras clasificadas da clasificación do Mundial, por esta orde,  Chloe  Calmon (Brasil);  Honolua  Blomfield ( Hawaii) e  Rachael  Tilly (Estados Unidos) atópanse na ronda de semifinais, tras eliminar a  Zoe  Grospiron (Francia); Lindsay  Steinriede (Estados Unidos) e  Avalon  Gall (Estados Unidos), respectivamente. 

A cuarta competidora que loitará por meterse na final é  Justine  Dupont (Francia), que eliminou na manga á australiana Emily  Lethbridge. 

Tras estes resultados, os emparellamentos de semifinais miden a  Chloe  Calmon ante  Justine  Dupont e  Honolua  Blomfield fronte  Rachael  Tilly. 

A  ‘Mellor onda do día’ na categoría feminina, conseguiuna  Avalon  Gall, cunha puntuación de 8,17; mentres que o ‘Mellor resultado acumulado da xornada’ foi para  Justine  Dupont, con 14,33 puntos. 

A xornada deste sábado (31 de agosto)

As mangas de semifinais arrincan ás 13:00 horas, polo que as finais disputaranse entre as 17:00 e as 18:00 horas, aproximadamente. 

A previsión de condicións é boa, polo que hai garantías de que se poida presenciar un gran espectáculo para as rondas finais. 

Cabreiroá Eco- Logic

Como parte das actividades presentes este ano no ABANCA Galicia Classic Surf Pro, a marca de augas  Cabreiroá xunto a  Good  Karma  Projects despregaron unha caseta  Cabreiroá Eco- Logic onde se ofrecerán diferentes actividades, como talleres e charlas, para formar e espertar, tanto en visitantes, surfeiras como en  longboarders, unha mentalidade máis sustentable. 

Asistentes e deportistas poderán participar nestas actividades desde esta semana ata o domingo día 1 de setembro. Son abertas ao público e incluirán actividades que van desde á ‘Limpeza de praia!’, como un ‘Taller de reciclaxe de plástico’ ou de ‘Como facer a túa propia cera natural’. 

Tamén se realizarán mesas redondas, de concienciación sobre a protección ambiental, e proxectaranse películas e documentais relacionadas coa ecoloxía.

Pódese consultar o programa e os horarios na web www.classicsurfpro.com, na sección ‘Eco- logic’.

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta coa apoio institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO,GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.


Deixa un comentario