A FESTA DAS ONDAS: MAIS DE 200 SURFISTAS NA 38 EDICIÓN DO ABANCA PANTIN CLASSIC GALICIA PRO

Pantin, Valdoviño, 22 de agosto.- Este mediodía tiña lugar na praia de Ariño (Pantín), a presentación do ABANCA PANTIN CLASSIC GALICIA PRO, proba oficial da WSL (World Surf League) que se vai disputar, un verán máis, do sábado 23 ao 31 de agosto no areal de Valdoviño, un campionato que xa é todo un emblema no mundo do surf internacional con sona alén das fronteiras.

“Pantín es especial”, destacou Sarah Almagro, a subcampioa do mundo de surf adaptado. “Subcampioa, por pouco tempo, porque agardo gañar”, precisou entre risas, para agradecer a implicación da organización na Para Surf League cunha das probas oficiais do tour mundial. “Pantín non é un campionato. É o campionato”, manifestou a malagueña, que renunciou a acudir a Los Angeles para poder ficar coa súa familia en Pantín estes días.

O alcalde de Valdoviño, Alberto González, o concello anfitrión, destacou a boa sintonía entre todas as Administracións públicas e patrocinadores privados para pular pola boa marcha dun evento que non fai, senon, poñer este tramo privilexiado
da costa de A Coruña no escaparate do surf mundial, nun evento que se retransmite en streaming.

Pola súa banda, Xosé Regueira, presidente en funcións da Deputación da Coruña, sinalou a beleza e o potencial das Costa das Ondas, para a práctica de todos os deportes acuáticos e como ferramenta para un turismo sostible, responsable e de
calidade.

Na presentación, tamén tomaba parte Patricia Busto, como Secretaria Territorial da Xunta de Galicia; Sergio Martínez, na representación de Abanca -que da nome á competición- e Juan Martínez, como delegado de Estrella Galicia, a cerveza oficial
do evento.

Pola súa banda, o director de Vazva, Óscar Vales, facía fincapé na icona do faro de Meirás e a táboa do surf como leit motiv da nova colección exclusiva da marca para esta edición coa vontade de repetir do éxito das anteriores “que se esgotaron por
completo”. Prendas unisex de corte oversize, en algodón sostible 100% fabricadas en algodón e cun deseño made in Galicia, da man de Almu Portal, que xa están a venda na web online e desde mañá, na tenda do evento.

Por último, Yago Barreto, na presentación de Praia de Pantín, o clube organizador da proba WSL, agradeceu a implicación e o compromiso de todos: Administracións e patrocinadores, así como os media partner e empresas locais e da contorna, por dar
pulo a unha competición que é “todo un evento social”, que combina deporte, gastronomía, música, mercado local e espazos corresponsables, desde a igualdade e a inclusión sendo un evento pioneiro en equiparar los premios económicos en categorías masculina e feminina.

CALENDARIO DA COMPETICIÓN 2025
A competición comeza os días 23 e 24, coa proba internacional de surf adaptado, dentro do calendariO da Para Surf League, o equivalente da WSL (World Surf League) nesta disciplina onde participan preto de 30 deportistas nas distintas categorías, entre os que destacan o americano Dana Cummings, como un dos pioneiros e grandes impulsores deste deporte, Lou Meniche, a española Sara Almagro e o galego Dani Souto.

O luns 25 dispútase o Open Galego, en colaboración coa Federación Galega de Surf, representada hoxe por Mateo Saco “con previsión de boísimas ondas” para brindar a oportunidade aos deportistas galegos de demostrar a súa destreza e acadar un pase
directo -Wildcard- á competición principal (categoría masculina e feminina).

A partires do martes 26, principa a competición WSL coas primeiras roldas eliminatorias nas que toman parte grandes nomes como Jorgan Couzinet, Maxime Huscenot, Keoni Lasa, Yago Domínguez, Adur Amatriain, as irmáns de Zumaia (Guipúzcoa), Janire e Anette González-Etxavarri, -a primeira delas surfista olímpica no equipo español, Fracisca Veselko ou Teresa Bonvalot, Camila Kemp ou Noah Klapp.

NOVIDADES 2025
¿Cales? Zona gastro ampliada e renovada na súa oferta de menús e foodtrucks para todos os gustos e tendencias na alimentación, da mañá a noite, tenda de colección propia, bautismos de surf de balde. Para non perder será tamén O Tinglado, o Skate Contest deste sábado 23 ás 17;00, seguida dos Faladoiros de Pantín (18:30) -con dous atletas como Sarah Almagro e Dani Souto, que nos achegan a súa historia de superación personal- e exhibición de skate Danny León (venres 29).

A tardiña, música en directo da man do Pantin Sound nun escenario propio e privilexiado con vistas ao areal de Pantin con bandas locais como La Indirigible, pero tamén Black Coffee, Pioneers, Candela&Just Beca, Capitán Sabrosura o La Yaya
DJ.

Por suposto, e un ano máis, tamén contaremos co Espazo Corresponsables, a través da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, para favorecer a conciliación e fomentar a igualdade entre a rapazada (de 4 a 16) cun recurso sen custe para as familias durante os nove días da competición. Só é preciso pasar pola carpa e anotarse as distintas actividades coa autorización dos pais, titores ou adultos ao cargo.

Para non perder detalle, consulta as nosas redes e ficade atentos. Consulta a nosa web TODO O PROGRAMA DA COMPETICIÓN e rrss en X, FB e IG
@classicsurfpro @classicsurfpro.events

Deixa un comentario

This website stores cookies on your computer. These cookies are used to provide a more personalized experience and to track your whereabouts around our website in compliance with the European General Data Protection Regulation. If you decide to to opt-out of any future tracking, a cookie will be setup in your browser to remember this choice for one year.

Accept or Deny