9 Maio, 2022

A LUDOTECA DE CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022 ABRE AS SÚAS PORTAS

  • Esta iniciativa apoia a conciliación familiar e fomenta o deporte entre os máis novos.
  • Mañá, martes 10, decidiranse os 4 Comodíns en xogo.

A segunda edición de CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022 preséntase como moito máis que un evento deportivo.
 
Dende hoxe, e ata o vindeiro domingo, día 15, a ludoteca permanecerá aberta na Praia de Doniños, unha iniciativa do Plan Corresponsables, da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
 
Grazas a isto, os máis pequenos, de entre 6 e 16 anos, poderán gozar das actividades programadas para estes días de competición, desde bautizos de surf, clases de skate na rampla instalada, diferentes xogos na praia, obradoiros variados, etc.
 
Todo isto mentres os mellores surfeiros júnior do circuíto mundial compiten pola vitoria nesta nova edición da cita World Junior Tour da World Surf League (WSL), que comezará mañá martes 10 coas Galician Trials, que decidirán os 4 Wildcards. está en xogo.