A mellor música electrónica con Wisemen Project este xoves no Pantín Soundwave Son

O escenario Estrela Galicia, dentro do ABANCA Galicia Classic Surf Pro, albergará a actuación do dúo  Wisemen Project, este xoves entre as 20:00 e as 23:00 horas, dentro do Pantín  Soundwave Son. 

Sen dúbida, unha boa oportunidade para gozar da mellor música electrónica. Detrás de  Wisemen Project, escóndese unha parella de  djs e produtores Valencianos capaces de  sinergiar, en feliz colisión, calquera estilo derivado da música electrónica, creando unha  colorida e  clubby filosofía musical.  Freestyle con sabor a electrónica.  Made  in Valencia.

Cabe lembrar, que ao redor do escenario están colocados os espazos de Estrela Galicia, onde sempre se pode degustar unha cervexa nos vasos biodegradables, feitos para a proba galega. Porque en ABANCA Galicia Classic Surf Pro ten unha aposta firme pola sustentabilidade e a protección do  medioambiente.

Deixa un comentario