A organización agradece o apoio veciñal e institucional do pobo de Pantín

• Desde a organización quere manifestar publicamente que sen a colaboración dos veciños e veciñas, así como do persoal técnico e administrativo do  Concello de Valdoviño o éxito da proba non sería posible.

A organización do Pantín Classic – ABANCA Galicia Classic Surf Pro, quere agradecer publicamente tanto ao pobo de Pantín, como ao  Concello de Valdoviño o apoio recibido non só durante a que se está celebrando este ano, senón durante as 31 edicións que se veu desenvolvendo a mesma. 

A organización da proba valdoviñesa manifesta que sen a implicación tanto dos veciños e veciñas (coa súa asistencia, cedendo os terreos para o aparcamento, etc.), como do persoal técnico e administrativo da corporación local sería imposible levar a cabo un evento que se converteu na máxima referencia dentro do mundo do sur no ámbito internacional.

Ademais, a organización desexa que esta colaboración, exemplo de participación veciñal, teña continuidade durante os anos vindeiros, e poder manter o éxito alcanzado ata o de agora.

Deixa un comentario