A praia de Razo: capital junior do surf europeo

Catro días de competición ao máis alto nivel para coroar o domingo ao mellor e á mellor surfeira sub 21

‘Plantamos unha semente en Razo que se irá consolidando no circuíto da WSL’

Razo, A Coruña, 21 de setembro.- Esta mañá tiña lugar ao pé da praia de Razo (Carballo) a presentación oficial do Cabreiroá Xuño Pro Razo-Caion, un evento da World Surf League (WSL) que supón o campeonado máis importante para os jovenes surfeiros europeos por dúas razóns: é a única parada en España e peche do circuíto en Europa onde se coroan os campións junior en categoría masculina e feminina, e a última oportunidade de clasificarse para as series mundiais.

A competición da WSL celébrase por primeira vez na Costa da Morte, que aspira a converterse en Reserva Mundial de Surf da man da ONG Save The Waves Coalition, co impulso da Deputación da Coruña e da Axencia de Turismo de Galicia. Por diante, os 150 rapaces (96 mozos e 39 mozas) teñen catro días de competición (do 20 ao 24 de setembro) ao máis alto nivel cunha condicións de mar excelentes -ondas longas, constantes e maniobrables- no mellor escaparate para a promoción turística da comarca, nun evento que vai máis aló do surf e que se retransmite en directo para todo o planeta a través da web www.classicsurfpro.com

O surfeiro galego Gony Zubizarreta exerceu hoxe de mestre de cerimonias desde a praia de Razo, ‘á que lle teño moitísimo agarimo desde que vin por primeira vez con 11 anos’, confesou, xunto ao director do evento Yago Barreto.

‘Este é o segundo da WSL que se celebra en España, despois de Pantín (Valdoviño)”, subliñou, para poñer o foco en Galicia, na costa coruñesa como referencia do surf no Estado. ‘Non sería posible sen esta sinerxia que creamos entre Administracións Públicas, patrocionadores privados e o Club Praia de Pantin, xunto aos patrocionadores”, proclamou. Barreto agradeceu ‘a especial implicación’ de Xosé Regueira, á fronte de Turismo na Deputación provincial, xunto da Axencia de Turismo de Galicia, os concellos de Carballo e A Laracha, Deporte Galego e a Federación Galega de Surf.

“Levou tempo pero estou seguro de que esta semente en Razo irase consolidando e serán referente na WSL como xa o é Pantín’, engadiu Barreto. Ao seu lado, Rob Gunning, representante da WSL, que destacou a ‘importancia dun evento que é o último do calendario e onde se van a coroar os campións europeos’.

Na presentación oficial participaron, ademais, Gonzalo Trenor, delegado da Xunta, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que exerceu de anfitrión; ‘Xa veredes as ondas que temos en Razo’, chanceou o rexedor, xunto ao seu conceajl e vicepresidente da Deputación coruñesa, Xosé Regueira, e Koke Araujo, da Federación Galega de Surf.

‘Que Razo sexa a capital do surf é importante e é un foco de atracción para descubrir esta esquina de Galicia e as súas excelentes condicións para o deporte’, manifestou o delegado do Goberno galego. Sinalou que as Administracións públicas non poden estar á marxe dun evento que é igualitario, fomenta o deporte desde a base e pon en valor o potencial e a riqueza da comarca.

Desde a organización, por último, agradeceron moi especialmente o papel e o apoio ‘desde hai moitos anos’ de Hijos de Rivera (Estrela Galicia e Cabreiroá), representado por Manuel Eiroa, ademais de Gadis, que estivo presente co seu director de comunicación, José Luis Fernández Astray, Vithas, Xoiería Jael e Intermax.

Deixa un comentario