ABANCA Galicia Classic Surf Pro, compromiso sustentable

• Recolleuse un total de 3.959 quilos de residuos dos que o 92,93 por cento (3.679 quilos) foron enviados con destino á reciclaxe, segundo mostra o informe de  WE PROJECT

• O proxecto ECO- LOGIC,  do Club  Praia de Pantín  e “ WE” proxecto que nace da asociación entre a Corporación Hijos de Rivera &  Vazva, SL,  levaron a cabo o desenvolvemento sustentable e a protección ambiental do evento

ABANCA_Galicia_Classic_Surf_Pro_201

O ABANCA Galicia Classic Surf Pro que se disputou entre os meses de agosto e setembro na praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra), confirmouse como un evento exemplar no que ao compromiso coa sustentabilidade e a protección do medio ambiente refírese. 

 O proxecto Eco- logic deu continuidade ás liñas estratéxicas que se viñeron desenvolvendo durante as últimas edicións, que teñen como premisa a redución do impacto ambiental, avogando pola recollida selectiva e a reciclaxe na medida do posible dos materiais que se utilizan para a construción do emprazamento onde se celebra o certame. 

Durante os once días que durou o evento (do 28 de agosto ao 7 de setembro) foron un total de 75.677 persoas as que asistiron ao mesmo, xerando 3.959 quilos de residuos (Vidro (489 quilos); Papel e Cartón (1.167 quilos); Madeira (133 quilos); Metal (27 quilos); Envases (743 quilos); Orgánico (1.120 quilos) e Resto (280 quilos)), tal e como se extrae do informe  WE encargado á empresa  certificadora  Ziclos Circular  Economy S.  L

Conseguiuse que un 92,93 por cento (3.679 quilos) dos refugallos fosen ‘Residuos enviados con destino reciclaxe’; mentres que o 7,07 por cento (280 quilos) fosen ‘Residuos enviados a vertedura’. 

Isto supón que, comparativamente, a pesar de que os datos de recollida de residuos nas edicións de 2017 e 2018 (4.985 e 5.396 quilos, respectivamente) foron superiores (tamén a afluencia de público foi dispar), a selección dos residuos susceptibles de ser reciclados foi inferior, tendo máis ‘Residuos enviados a vertedura’, sendo en 2019 a repercusión máis positiva neste aspecto. 

Tendo en conta os datos de reciclaxe de residuos que publica a axencia europea Eurostat, onde se pode observar que o índice global de residuos municipais reciclados en España para o ano 2016 é do 33,9 por cento e que o obxectivo establecido pola Unión Europea para o ano 2025 é alcanzar un índice do 55 por cento de residuos reciclables, conclúese que no ABANCA Galicia Classic Surf Pro 2019, superáronse con fartura ambos os indicadores.

Noutras palabras e exemplificando, tendo en conta que por cada tonelada de papel e cartón reciclado evítase a talla de 17 árbores e o consumo de 2,5 metros cúbicos de auga, coa acción de reciclaxe que se desenvolveu durante a proba, evitouse a talla dunhas 20 árbores e o consumo de 2.917,50 litros de auga. 

Se se atende aos datos de recollida de envases, por cada un que se recicla, déixanse de emitir 1,10 quilos de CO2 á atmosfera e afórranse 13,97 litros de auga. Durante o ABANCA Galicia Classic Surf Prol recicláronse 743 quilos de envases, o que supón que non se emitiron 817,30 quilos de CO2 e aforrouse o consumo de 10.379 litros de auga.

No informe tamén se especifica que os datos recolleitos “pertencen aos residuos xestionados pola propia organización, tanto os que se recolleron durante os días de competición, como os pertencentes á montaxe e desmonte do evento”.

Os resultados, por tanto, corroboran que o Club  Praia de Pantín, xunto co resto das institucións e patrocinadores, continúa nunha boa liña para a  minimización do impacto ambiental na zona que se desenvolve. 

Con todo, tamén se remarcan as premisas para seguir para mellorar nas próximas edicións tales como: estimar os consumos de auga e produción de augas residuais; contratar o consumo eléctrico utilizando enerxías renovables; avaliar as emisións de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro, relativas aos transportes utilizados e fomentar a adecuada selección de residuos, entre outras.   

Co obxectivo de alcanzar un maior nivel de sustentabilidade, a organización do ABANCA Galicia Classic Surf Prol incorpora a  GK  Projects, para crear unha liña de traballo a medio prazo centrada en estudar como mellorar o evento en todas as liñas vinculadas ao desenvolvemento sustentable.

Os vasos biodegradables de Estrela Galicia

Estrela Galicia, patrocinador do ABANCA Galicia Classic Surf Pro, puxo en marcha unha liña de vasos biodegradables, acorde coa liña de protección ambiental e de evitar o uso do plástico, que envolve o evento.

O vaso, que se puido atopar en todos os puntos de comida e bebida que se atopaban na praza central da instalación, eran biodegradables polo menos nun 90%, é dicir, a capacidade do material  compostable de converterse en CO2, auga e biomasa baixo a acción de microorganismo é alta. Débese alcanzar un nivel de  biodegradación de polo menos o 90% no prazo de 6 meses.

Vasos Ecológicos de Estrella Galicia

Cabreiroá Eco- Logic, espazo ambiental

Como parte das actividades presentes do ABANCA Galicia Classic Surf Pro,  Cabreiroá xunto a  Good  Karma  Projects despregaron unha caseta  Cabreiroá Eco- Logic onde se ofreceron diferentes actividades, como talleres e charlas, para formar e espertar, tanto en visitantes, surfeiras como en  longboarders, unha mentalidade máis sustentable.

Asistentes e deportistas puideron participar en actividades abertas ao público que ían desde a ‘Limpeza de praia!’, como un ‘Taller de reciclaxe de plástico’ ou de ‘Como facer a túa propia cera natural’. 

Tamén se realizaron mesas redondas, de concienciación sobre a protección ambiental, e proxectáronse películas e documentais relacionadas coa ecoloxía.

Vazva en ABANCA Galicia Classic Surf Pro

Vazva: pezas de  poliéster reciclado

Cabe apuntar a proposta de  Vazva, que deseñou unha liña exclusiva de roupa para o evento, utilizando o  poliéster reciclado do mar para a confección das súas pezas. 

O seu compromiso non só quedou plasmado no número de botellas de plástico utilizadas en cada camiseta ou  sudadera, ou en utilizar un  packagin de  fécula de pataca, senón que tamén se preocupan por cada detalle do proceso produtivo, traballando con enerxías renovables e a penas emisións de CO2.

ABANCA_Galicia_Classic_Surf_Pro_2019

Soportes publicitarios reutilizables

Por último, o Club  Praia de Pantín apostou por empresas como  Aleux  Rotulación capaces de buscar alternativas sustentables para produción de soportes publicitarios, e conseguir así unha redución en soportes publicitarios dun só uso. 

Apostouse por materiais naturais como a madeira, utilizándose no 75 por cento dos mesmos, así como polo uso de tecidos biodegradables para a confección de bandeiras e outros soportes.

A última medida foi permitir a a reutilización de soportes xa usados en anteriores ocasións, sendo coherentes co lema: “Reutilizar si, fabricar só se é de maneira responsable.

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta co apoio institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO, GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.

Deixa un comentario