22 Marzo, 2023

ABANCA PANTIN CLASSIC GALICIA PRO 2023

Adiantámosvos as novidades do ABANCA PANTIN CLASSIC GALICIA PROL 2023. Recuperamos as datas de final de verán, para despedilo como se merece.

Do 26 de Agosto ao 3 de Setembro, a praia de Pantin (Valdoviño) será protagonista de numerosos acontecementos nun mesmo evento.

Mundial da World Surf League, que este ano aumenta de categoría a QS 3,000, tanto en categoría masculina como feminina.

Campionato internacional de SURF ADAPTADO, cun prize money de 16.800 €.

Máis acción na auga: Expression session, Tag Team.

E fora da auga:

Concertos de artistas de renome que moi pronto iremos desvelando.

Campionatos de skate, exhibicións e bautismos gratuítos.

Ludoteca para que os peques disfruten e os seus pais desconecten gozando do evento.

Unha gran zona gastronómica e de consumo.

E ambientazo asegurado!!