22 Xullo, 2021

ADXUDICOU OS WILDCARDS PARA O GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021

  • Paula Toja, Sebas Bamonde, Claudia Prieto e Manuel Fernández, gañadores dos wildcards.
  • Mañá comeza ás 7:00h o GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021.

Hoxe tiveron lugar as Trials Galegos, unha competición que outorgou 4 wildcards ao primeiros e segundos clasificados en categorías masculina e feminina, que abrirá as portas para participar na proba Junior Qualifying Series da World Surf League (WSL), a GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021.
 
Na categoría feminina, a surfista Paula Toja ocupou o primeiro posto, seguida de Claudia Prieto, obtendo os dous primeiros wildcards. A primeira clasificada, Paula Tojas, engadiu que “é a miña primeira vez que compito na serie clasificatoria junior e poderei facelo na miña praia, en Doniños“.
 
Na categoría masculina, foron Sebas Bamonde e Manuel Fernández os que obtiveron o primeiro e o segundo posto respectivamente e os dous últimos wildcards. Pola súa banda, Sebas Bamonde engadiu “enfrontábame a adversarios difíciles, pero estou moi contento cos meus resultados e estou motivado para competir mañá“.
 
E é que mañá venres, 23 de xullo, comezará a acción na praia de Doniños, Ferrol, onde se esperan moi boas condicións de onda para o comezo da competición ás 7:00h para a primeira edición do GADIS JUNIOR PRO FERROL 2021.