Alta velocidade nas telecomunicacións grazas a  Intermax  Technology

A telecomunicación do ABANCA Galicia Classic Surf Pro non podería funcionar ao nivel exhibido se non é por bo servizo  ofrecico pola empresa  Intermax  Technology, colaborador oficial da proba galega.

Intermax  Technology é unha operadora de telecomunicacións con Rede sen fíos propia, líder en Galicia. Creada en xaneiro de 2008 para cubrir acceso á nova era da información e comunicación dixital de altas prestacións, para todas as persoas e empresas que residen en zonas desfavorecidas, como zonas rurais e urbanas periféricas.

A vocación da empresa é a de eliminar a fenda dixital existente, brindando servizos avanzados de telefonía, videovixilancia,  Voip (voz sobre IP), televisión e radio, transmisión de datos e acceso a Internet, a través de banda ancha con tecnoloxía inalámbrica profesional, con velocidades que van desde os 2  Mbps básicos ata os 100  Mbps necesarios para cubrir necesidades de clientes específicos.

Deixa un comentario