Alyssa Spencer clasifícase para oitavos de final tras unha gran actuación na terceira ronda

  • A  rider estadounidense fixo a mellor puntuación acumulada nunha manga do día con 16,30 puntos e imponse con claridade na súa manga
  • Ao peche da xornada restaban por disputarse catro mangas correspondentes á rolda 3 do  QS/10.000 feminino do ABANCA Galicia Classic Surf Pro

Pechouse a primeira xornada do  QS/10.000 feminino do ABANCA Galicia Classic Surf Pro, que se está disputando na praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña), coa disputa das catro primeiras mangas da ronda 3. 

A estadounidense  Allysa Spencer foi a mellor na primeira manga, despregando o seu mellor surf, para conseguir unha onda de 9,00 puntos (a segunda mellor do día) e a ‘Mellor puntuación acumulada nunha manga’ da xornada, con 16,30 puntos. 

Con este resultado, Spencer logrou un merecido pase a oitavos de final da competición, onde a acompañarán as australianas  Bronte Macaulay (que tamén tivo unha gran actuación este domingo (1 de setembro)), Philippa Anderson, Sophie McCulloh, Isabella  Nichols, Macy Callaghan, Kelly Andrew e a brasileira Tatiana Weston- Webb. 

Este luns (2 de setembro) entrarán na auga para disputar as catro mangas restantes dentro da terceira ronda, gran parte das favoritas como Brisa  Henessy (9ª no CT, Hawaii); Johanne Defay (10ª no CT, Francia); Silvana Lima (13ª no CT, Brasil); Paige Hareb (16ª no CT, Australia) e Sage  Erickson (2ª no QS, Estados Unidos). 

Wakita / WSL - Masurel
Wakita / WSL – Masurel

Xunto a elas tamén estarán  Maud Lle Car (Francia), Ren  Hashimoto, Sara Wakita (Xapón), Kirra Pinkerton (Estados Unidos), Chelsea Tuach ( Barbados) e  Tia Blanco (Porto Rico). 

Mención especial dentro das que tamén están clasificadas para oitavos de final, a xaponesa  Amuro Tsuzuki, que se converteu na protagonista da segunda ronda ao conseguir a ‘Mellor onda do día (e da competición ata o momento) ao lograr unha onda de 9,07 puntos.  

Sen españolas en competición

As competidoras españolas: Leticia Canales, Nadia  Erostarbe, Ariane Ochoa e Isabel Gundín, xa se despediron da proba galega, ao caer eliminadas nas súas respectivas mangas dentro da segunda ronda. 

Dentro das favoritas, cabe destacar a prematura eliminación da australiana  Nikki Van Dijk, 9ª no Championship Tour ( CT); así como o seu compatriota Zahli Kelly (8ª no  QS) e a xaponesa Mahina Maeda (12ª no QS). 

Para a xornada deste luns (2 de setembro), hai previsión de boas condicións para que se poida gozar dun bo espectáculo. A organización comunicou que a chamada para a categoría feminina está prevista ás 9:00 horas, mentres que para a masculina, será ás 12:00 horas. 

Cabreiroá Eco- Logic

Como parte das actividades presentes este ano no ABANCA Galicia Classic Surf Pro, a marca de augas  Cabreiroá xunto a Good Karma Projects despregaron unha caseta Cabreiroá Eco- Logic onde se ofrecerán diferentes actividades, como talleres e charlas, para formar e espertar, tanto en visitantes, surfeiros como en  longboarders, unha mentalidade máis sustentable. 

Asistentes e deportistas poderán participar nestas actividades desde esta semana ata o sábado día 7 de setembro. Son abertas ao público e incluirán actividades que van desde á ‘Limpeza de praia!’, como un ‘Taller de reciclaxe de plástico’ ou de ‘Como facer a túa propia cera natural’. 

Tamén se realizarán mesas redondas, de concienciación sobre a protección ambiental, e proxectaranse películas e documentais relacionadas coa ecoloxía.

Pódese consultar o programa e os horarios na web www.classicsurfpro.com, na sección ‘Eco- logic’.

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta coa apoio institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO, GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.

Deixa un comentario