
Suárez e Maria Salgado, campións Junior QS do Gadis Surf Ferrol Festival
Unha novísima Ginger Caimi, de 13 anos, imponse na final de Longboard de Gadis Surf Festival Ferrol e clasificase para o tour mundial
Ferrol, 29 de xuño.- Alice Le Moigne e Antonio Dantas. O longboard europeo xa ten ao seu rei e a súa raíña desde 2025 tras a conclusión hoxe da derradeira proba do circuito da Liga Mundial de Surf Profesional (WSL) que se disputaba na tarde deste domingo 29 nunhas condicións excepcionais de ondas e vento que se mantiveron durante todo o campionato baixo un sol de xustiza os cinco días do evento (do 25 al 29).
Le Moigne, surfista de Niza de 28 anos e multipremiada, e o portugués Antonio Dantas (22), exultante, acadaron a coroa da WSL sumando os mellores resultados de toda a tempada.
Ao podio tamén subiron hoxe unha novísima Giger Caimi, italochinesa afincada en Fuerteventura e vixente campioa de España,, que foi a gañadora do campionato WSL Longboard QS1000 disputado estes días en augas galegas no Gadis Surf Festival de Ferrol. Caimi superou a campioa europea, Le Moigne (2), pero tamén a española Julieta Rodriguezvillamil (4) e a surfista de Islas Reunión, Ophelie Ah Kaouen (4)e logrou a súa clasificación para o tour mundial, algo excepcional coa súa idade.
Emocionada, Caimi, daba as grazas a súa avoa e familia polo apoio en todos os eventos nos que participa neste “deporte marabilloso”.
Pola súa banda, Dantas tamén acadou o primeiro posto nesta derradeira proba en Ferrol superando aos tres compañeiros e finalistas franceses: Thomas Le Bron (2), Edouard Delpero (3) e Max Jamet (4), que precisamente hoxe cumpria anos e recibiu as cantigas do público e os parabéns polo seu aniversario.
SUÁREZ E SALGADO, CAMPIÓNS DO JUNIOR QS NO GADIS SURF FESTIVAL
A surfer portuguesa, Maria Salgado, de 18 anos, e o asturiano Alfonso Suárez, (Gijón, 2006) deron hoxe a sorpresa ao imporse na final masculina do Junior QS Gadis Surf Festival Ferrol da Liga Mundial de Surf Profesional (WSL) por diante do campión do mundo sub 16 (2024), Dylan Donegan dos Santos (2), e dos portugueses Joao Mendoza (3) e Matías Canhoto.
Suárez tivo un flechazo coa praia de Esmelle desde que entrou na auga porque tivo unha actuación moi destaca durante toda a competición marcando algunhas das mellores ondas (9.17); do mesmo xeito que facía Salgado, que tamén destacou en varias mangas coa mellor puntuación (8,57).
María Salgado, natural de Santa Cruz, Madeira, fixo un excelente campionato e rematou a final por diante de Carla Morera De la Val, e das dúas francesas: Clemence Schorzch (3) e Naia Monte (4).
Entre os surfistas galegos, foi Daniel Alonso, deportista viguesa, a que acadou mellor posición avanzando ate caer eliminada na fases finais nunha proba na que tamén se mediu cos mellores sub21 do mundo a surfista ferrolá Ana Piñón -gañadora do Wildcard nos triais do mércores 25.
Entre os rapaces, estiveron Sebas Baamonde, Alejo Ferreiro e Teo Garcia (estos dous últimos tamén co pase directo do wildcard) mentres que o ferrolán Diego Allegue tivo un papel moi destacado na competición de Longboard, medindose contra veteráns como o galo Edouard Delpero, de 35.
Na entrega de premios participou hoxe o conselleiro de Facenda da Xunta, Miguel Corgos, que se atopaba na praia de Esmelle coa sua familia pasando o domingo, ademais de Rosana García, na representación da Deputación de A Coruña, e Melisa Pagliaro, de Gadisa, xunto con Julio Mouriño, de Intermax e o responsable de Ópticas Noroeste, como patrocinios privados.
Consulta as nosas rrss: @classicsurfpro//classicsurfpro.com
