As mellores prepáranse para a disputa dos oitavos de final do  QS/10.000 feminino

• A francesa  Johanne Defay abriu a xornada cunha onda de 9,00 puntos que lle permitiu meterse na seguinte ronda do ABANCA Galicia Classic Surf Pro

• Sage  Erickon (Estados Unidos) e  Silvana Lima (Brasil), dous das favoritas á vitoria final, tamén estarán na ronda 4

A sesión matutina da segunda xornada do  QS/10.000 feminino no ABANCA Galicia Classic Surf Pro,  pechouse coas catro mangas restantes da ronda 3 que non se disputaron o pasado domingo (1 de setembro). A cita está a desenvolverse na praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña) e encádrase dentro do circuíto World Surf League.

A francesa  Johanne Defay (10ª no  CT) abriu a sesión cunha onda de 9,00 puntos, que lle permitiu clasificarse na ronda de oitavos de final. Xunto a ela tamén pasou a costarriqueña Brisa  Henessy (9ª no CT), así como Silvana Lima (13ª no CT, Brasil); Sage Erickson (2ª no QS, Estados Unidos); Chelsea Tuch ( Barbados) e as xaponesas Sara  Wakita, Ren Hashimoto e Amuro Tsuzuki. 

A australiana  Paige Hareb (16ª no  CT) foi unha das que quedou fóra da competición. Tampouco continúan en Pantín:  Maud Lle Car (Francia), Tía Blanco (Porto Rico) e Kirra Pinkerton (Estados Unidos).

Están clasificadas desde o pasado domingo:  Allysa Spencer (Estados Unidos); Bronte Macaulay (11ª no  CT, Australia), Philippa Anderson, Sophie McCulloh, Isabella  Nichols (1ª no QS, Australia), Macy Callaghan (16ª no CT, Australia), Kelly Andrew (Australia) e a brasileira  Tatiana Weston- Webb (8ª no CT). 

Desde as 12:00 horas comezáronse a disputar os cruces de oitavos de final, en formato ‘ woman  to woman’. 

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta co apoio institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO, GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.

Deixa un comentario