A galega Daniela Alonso pasa a cuartos de finais xunto con Carla Morera, Saioa Ortega, Kenia Carril, Sol Borrelli e Ibone Gómez e Sara Romeo
Entre os rapaces, exhibición de Francisco Ordonhas e Hans Odriozola xunto a Cañoto. A mellor onda do dia foi para Axel Dominguez e Maria Salgado

Ferrol, 27 de xuño. – Hoxe asomaron na praia de Esmelle as mellores ondas no que vai de campionato, nunha xornada extensa que se iniciaba a primeira hora da mañá en canto se dispersou a néboa e mellorou a visibilidade no mar, e pechaba a caseta dos xuíces as 18:00 horas.
Boas ondas, de medio metro (head high) e as mellores condicións de vento desta semana para unha exhibición de surf junior (sub21) na que se avanzou até acadar os octavos de final entre os rapaces e cuartos de final entre as mozas.Pasaron a octavos Francisco Ordonhas, Jaime Veselko, Peru Zuniga, Uri Uziel, Joao Mendoza e Salvador Bala, Hans Odriozola e Matías Canhoto, a falta de que se dispute a segunda parte das roldas pendentes de clasificación.
Entre as rapazas, que siguen en cuartos, moi destacada Saioa Ortega, a surfista de Sopelana (Bilbao), xunto coa galega Daniela Alonso, e as españolas Kenia Carril, Ibone Gómez, Sol Borrelli, Carla Morera, Sara Romeo. Tamén competirán por pasar a semifinais María Salgado, Sarah Leiceaga, María Dias, Miriam Juliao, Lilou Rumiel, Clemence Schorsch, Clara Irigoyen e Ranya Squalli.
Descatado o papel de varios surfistas moi novos de Portugal, como Francisco Ordonhas especialmente afinado e cunha marcha por riba do resto na xornada de hoxe, que estivo Matías Cañoto, ademais de Hans Odriozola. A mellor onda foi un 8 de Axel Domínguez que, nembargantes, caeu eliminado. No caso das mozas, a mellor onda foi para Maria Salgado, con 8,57.
SKATE CONTEST DE PARQUE FERROL
Este venres ás 18:10 tamén tiña lugar a primeira edición do Skate Contest de Parque Ferrol na rampa instalada no camping de As Cabazas.
Participaron preto de vinte rapaces e rapazas nunha competición moi animada e vistosa que sorprendeu pola precocidade de moitos dos participantes que, pese a súa corta idade, deron toda unha exhibición de aeréos a un nivel moi alto.
Os gañadores, na categoría femenina, foron Valentina Planas e a subcampioa, Eva Rico.
Na categoría masculina, impuxose Jorge Mosquera por diante de Alexander Golonanov ‘Ruso’
Os primeiros clasificados acadaron un premio de 200 euros en metálico cada un, a maiores dun cheque regalo de 50 euros para gastar en Parque Ferrol, Os que ficaron no segundo lugar, levaron 100 euros cada un e os 50 de regalo do centro comercial.
CONCERTO DE SMILE
Na programación desde sábado 28, no Gadis Surf Festival Ferrol, lembrarvos que ademais do WSL de Longboard e Junior (Sub21) QS1000 en aguas de Esmelle, estarán abertos os espazos de ocio e lecer na pequena vila do surf de As Cabazas.
Ao remate da competición, terá lugar o concerto da banda Smile, a partires das 19:00 horas no campin de Cobas, un escaparate excepcional do potencial das nosas praias