CANELLE BULARD E MELANIA SUÁREZ IMPARABLES CARA AOS CUARTOS DE FINAL

Ás 16:30h comezou a categoría feminina na terceira rolda do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020. Despois do gran espectáculo que deron onte as atletas as expectativas para hoxe eran altísimas, e certamente os asistentes non quedaron defraudados.

Víronse actuacións incribles por parte de todas as competidoras, sobretodo a da francesa  Canelle  Bulard, que obtivo a mellor onda da terceira rolda cun 8,00 sobre 10, e a mellor puntuación total con 14,07 puntos. Seguíndoa de preto a surfeira canaria Melania Suárez que dominou en todo momento a súa manga e termina con 13,57 puntos finais.

A surfeira francesa  Maud Le Car conseguía tamén unha puntuación final de 13,37 puntos e comentaba que se alegra de volver competir en Pantín, especialmente con tan boas condicións e que é un gran pracer poder levar a  licra de competición de novo.

Despois dunha terceira rolda moi rifada, ao fin coñécese a orde de mangas para os cuartos de final, que enfrontarán a dous surfeiros en cada. Na primeira manga enfrontaranse  Pauline  Ado (FRANCIA) e Ariane Ochoa (PAÍS VASCO); na segunda veremos a Maud Lle Car (FRANCIA) e a Carolina Mendes (PORTUGAL); logo Cannele Bulard (FRANCIA) contra Teresa Bonvalot (PORTUGAL); e, por último, pero non menos importante Melania Suárez (ILLAS CANARIAS) e Nadia  Erostarbe (PAÍS VASCO).

Este mediodía tamén se terminou de disputar a primeira rolda da categoría masculina, e xa se saben os últimos clasificados para a segunda. Entrarán mañá á auga  Nestor García (ESPAÑA), Hugo Ortega (ESPAÑA), Martín Moina (ESPAÑA), João Pereira (PORTUGAL), Guilherme Ribeiro (PORTUGAL), Eneko Merino (ESPAÑA), Moises Dominguez (ESPAÑA), Diego García (ESPAÑA), Juan Fernández (ESPAÑA) e Manuel Fernández (ESPAÑA).

ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020 volverá mañá ás 08:30h co Call para a categoría masculina e con moi boas condicións de ondas previstas.

https://www.youtube.com/watch?v=xR6xxP0clhM

Deixa un comentario