Razo, Carballo, 27 de setembro.- Carla Morera de la Vall, surfista de Lanzarote de 14 anos, e o portugués, Francisco Ordonhas, coroaronse hoxe como a raíña e o rei de Razo no campionato internacional da WSL (World Surf League), a Liga Mundial de Surf Profesional, que se disputou desde o pasado mércores en augas de Carballo, nun rincón exquisito da costa coruñesa.
Condicións difíciles para o surf nun mar con ondas pequenas foi o escenario para as seis mangas finais deste sábado no Edommo Junior Pro Razo, by Espazo Nature, que principiaba as 9 desta mañá e remataba pasado o mediodía, coa entrega de premios aos vencendores desta edición 2025, arropados polas familias, adestradores, o público local ademais de autoridades e patrocinadores.
Entre as mozas, a final desta proba JQS 1000 da WSL, a Liga Mundial de Surf Profesional, tivo como protagonistas a Carla Morera de la Vall (2011), unha novísima surfista canaria que cuaxou un excelente campionato nunha progresión espectacular nesta tempada. Segunda foi a portuguesa Maria Dias, tamén moi potente durante toda a competición mentres que Enara Palacios (Donostia) foi terceira e a francesa Lilou Rumiel, quedou en cuarto lugar.
Entre os rapaces,o vencendor foi Francisco Ordonhas (Cascais, 2005), que foi quen de coller seis ondas, por diante do asturiano Alfonso Suárez -vencedor do Gadis Surf Festival Ferrol de xuño.
O vasco Eder Fuentes foi terceiro e Conor Donegan, cuarto na final. Todos agradeceron o apoio dos seus familiares e adestradores a pé de praia. “O pasado ano fun campión de Europa aquí pero esta é a miña primeira victoria nun Junior polo que é unha praia moi especial. Foi un junior en condicións difíciles para o surf pero tratei de sacar o máximo rendemento”, explicaba Ordonhas ao termo.
Pola súa banda, De la Vall, amosaba a súa felicidade por esta victoria que suma a outros éxitos colleitados co obxectivo de clasificarse para o World Champioship Tour de Filipinas, en xaneiro do 2026. “Este año está siendo increíble y estoy supercontenta”, explicaba unha novísima Carla, que acadou duas vitorias e un segundo posto esta tempada junior.
Da entrega de premios participaron, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; na representación da Xunta, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña, xunto con Alberto Freire (Edommo), Laura Vázquez (Espazo Nature), Robin Mueller (Ventores) e Julio Mouriño (Intermax Tecnoloxías), tres dos nosos patrocinadores privados.
MINIMARKET, RULETA E ESPAZOS CORRESPONSABLES
Malia que a competición oficial xa botou abaixo o telón, lembravos que durante a xornada deste sábado, aínda estará aberto o minimarket con marcas locais como Kaviar, Cousas de Razo e outras propostas como Ventores (inventos de surf con dispositivo de seguridade), La Rampa Garage, Ópticas Noroeste o apostar polos cafés de especialidade Pantín (coco) e Razo (pistacho) no coffee truck de Cafés Lúa.
Ao seu carón, o Espazo Corresponsables. un recurso gratuito e de balde da Dirección Xeral de Igualdade para a conciliación das familias e a corresponsabilidade no que probar sorte na rampa de skate se o tempo o permite.
No mesmo paseo da praia de Razo e até o domingo 28, e impulsado polo Concello de Carballo, pódese desfrutar do Onda Bocata Fest, unha proposta gastronómica de petiscos gourmet entre Pan de Carballo, de nove establecementos da contorna con 16 menús diferenciados.