Carlos Muñoz: “O ABANCA Galicia Classic Surf Pro é unha das miñas probas favoritas do circuíto World Surf League”

O surfeiro costarriqueño Carlos Muñoz foi un dos participantes no  QS/10.000 ABANCA Galicia Classic Surf Pro, que se veu disputando durante a última semana na praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña), incluída dentro circuíto da World Surf  League ( WSL).

Muñoz non dubidou en afirmar que a cita galega é unha das súas “probas favoritas dentro do calendario  WSL”. “Levo participando en Pantín desde que tiña 19 anos e vino crecer ata a vixente edición, que chegou a ser un ( QS) 10.000. A evolución en todos os aspectos, tanto deportivo como de todo o que rodea a proba, foi considerable. Os organizadores están a facer un gran traballo”, subliñou.No que ao seu papel no ámbito deportivo,  Calos Muñoz a pesar de que foi eliminado na ronda 4, recoñeceu sentirse “satisfeito”.

“Viña coa  espinita do ano pasado, na que fun segundo (detrás de  Weslley  Dantas), despois de  surfear pouco na final. Quería chegar o máis lonxe posible na competición. Tendo en conta que ao ser un ( QS) 10.000, viñeron os mellores surfeiros do mundo e pasar de ronda, para min é un resultado positivo”, O costarriqueño subliñou que pensaba que ía quedar eliminado na ronda 3 “pero chegaron dúas boas ondas finais” e logrou pasar. “En Galicia, adquirín máis experiencia para continuar crecendo como  rider”, dixo.

Por último, con respecto ás súas expectativas ata final de tempada, Carlos Muñoz apuntou que continuará esforzándose “ao máximo, para chegar a algunha final e poder ter opcións de clasificarme para o  Championship Tour ( CT)”.

Deixa un comentario