-
Janire González Etxabarri, Daniela Boldini e Lucía Machado, protagonistas da tarde.
-
Mañá venres comeza de novo a competición ás 8:00h.
Unha incrible segunda xornada de competición remata en CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022. As condicións da ondada non defraudaron, e mantivéronse durante toda a xornada, cos competidores dando o mellor de si.
En categoría masculina, completouse a terceira proba masculina, coa cabeza do francés Sam Piter, o portugués Martim Nunes e o alemán Tim Elter cun total de 14.17, 12.73 e 12.00, respectivamente.
Despois foi a quenda da categoría feminina. As surfistas canarias Daniela Boldini e Lucía Machado lograron dúas das mellores puntuacións da súa categoría. Daniela Boldini tamén conseguiu a mellor onda da tarde con 8,83 sobre 10. “As boas condicións axudaron moito, acabei moi contenta e vou con todo para as próximas mangas”, dixo.
Tamén destacou a vasca Janire González Etxabarri, que regresou a Doniños disposta a defender o seu título. Rematou a súa primeira serie coa puntuación total máis alta da súa categoría, con 14,77 e dixo que “por fin temos un campionato con boas ondas, e vimos aquí para gozar, divertirnos e defender o título”.
Esta segunda xornada de competición no evento World Junior Tour da World Surf League (WSL) non deixou indiferente a ninguén e remata a xornada cunhas imaxes espectaculares.
Mañá comezará ás 8:00h a terceira xornada de competición.