CONDICIÓNS INMELLORABLES NA PRAIA DE ESMELLE PARA A PROBA XÚNIOR DO GADIS SURF FESTIVAL FERROL

O británico Lukas Skinner, un dos grandes favoritos para o triunfo final e líder do circuíto europeo JQS da WSL, rozou o sobresaliente na última manga da rolda de 64 cunha puntuación total de 14.74

Os wildcards do evento, la ferrolá Ana Piñón e o vigués Teo Cajide, non puideron avanzar á seguinte fase da competición despois de perder nas súas respectivas mangas contra algúns dos mellores surfistas da proba

FERROL, 27 DE XUÑO DE 2026 Día soleado, con olas de preto dun metro de altura e ventos lixeiros de compoñente leste. É dicir, condicións inmellorables no Gadis Surf Festival Ferrol para os competidores da proba xúnior da World Surf League (JQS). E os deportistas están respondendo a este extraordinario campo de xogo, despregando na praia de Esmelle todo o seu repertorio de manobras desde primeiras horas desta mañá.

O campionato arrancou coas catro últimas mangas da rolda de 64 da categoría masculina. Na número 16, o británico Lukas Skinner, líder do circuíto e un dos grandes favoritos para alzarse coa vitoria final, demostrou o motivo de que agora mesmo ostente a condición de número un. Levou a súa puntuación total ata os 14.74 puntos (8.17 e 6.57 nas súas dúas mellores olas), superando con claridade ao italiano Thomas De Leonardo, que tamén accedeu á seguinte rolda. Pola súa banda, o vigués Teo Cajide, un dos wildcards do evento, quedou eliminado na manga 15, despois de caer ante Alejandro Sancho e Xan Atchoarena.

Pouco despois das dez da mañá as surfistas da categoría feminina entraban á auga, para completar la rolda de 32. Na primeira manga, Ana Piñón, outra das invitacións do evento, tampouco lograba avanzar na competición. Carla Morera de la Vall, con 14.13 puntos, e a francesa Lily Hirigoyen, con 13.17 puntos, fixeron inalcanzable o pase aos cuartos de final para a surfista ferrolá.

Calendario de competición

O Gadis Surf Festival Ferrol continuará coas mangas da proba xúnior ata completar os cuartos de final tanto en categoría masculina como feminina. Ademais, haberá actividades paralelas todo o día con bautismos de surf e de skate, ludoteca, zona market e foodtrucks.

O Gadis Surf Festival Ferrol conta co patrocinio da Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Ferrol, Plan Corresponsable, Deporte Galego, Pesca de Rías, Gadis, Estrella Galicia, Cabreiroá, Jael Joyería, Wasted, Edommo, Ventores, Vazva, Volkswagen – Arrojo, Intermax, Volcom, Calaverita Hotels, Schweppes/Pepsi, La Rampa Garaje, Surflogic, Mojo Wax e Camping As Cabazas.

Deixa un comentario