24 de setembro, Razo (A Coruña).- As antípodas xeográficas de Galicia están en Nova Zelandia. Aínda máis aló, a polinesia francesa e Tahití. Máis de 15.000 quilómetros separan a praia de Razo deste arquipélago do Pacífico. Unha distancia que Aelan Vaast e a súa familia percorreron para participar esta semana no Cabreiroá Junior Pro Razo-Caión 2023 nas augas atlánticas en busca da coroa da raíña e o rei de Europa do surf en categoría sub-21.
Este domingo 24, co sol abríndose paso e buenísimas ondas, arrincaba ás 8.00 horas a a última xornada do campionato, única parada da World Surf League (WSL) en España e a última do circuíto europeo desta tempada coas semifinais en categoría masculina e feminina.
Entre os 150 mozos participantes (95 mozos e 39 mozas) de 11 nacionalidades, chama a atencíon unha nova surfeira nada en Tahití: Aelan Vaast, que se alzou co Cabreirorá Junior Prol disputado en 2022 en Doniños.
Os Vaast son unha familia atípica con raíces flotantes na polinesia francesa. Os pais, Natou e Gael, coñecéronse nunha competición de windsurf e os xenes do surf navegan polo seu sangue. Os seus tres fillos – Kauli, Naiki e Aealn- son tres grandes pequenos surfeiros que teñen asombrado ao circuíto mundial coa súa precocidade e talento. A irmá menor Aelan (flor, en hawaiano) é coñecida como a sirena de Vairao e disputaba este domingo as semifinais.
É a primeira vez que o campionato en España da WSL celébrase na Costa da Morte e aterra en Razo con vocación de permanencia co impulso da Deputación da Coruña e a Axencia de Turismo de Galicia, dentro da súa estratexia para facer da comarca a primeira Reserva Mundial de Surf xunto a outros areais da zona.
O evento Cabreiroá Junior Prol Razo-Caion, onde se reúnen preto de 200 rapaces de 11 países xunto ás súas familias tamén é o mellor escaparate turístico para Galicia que se retransmiten en directo en para todo o mundo a través de https://www.worldsurfleague.com/events/2023/jun/183/cabreiro-junior-prol-razo-cain/main
TARDE SEN PLÁSTICOS NA PRAZA DE RAZO CON LIMP OCEAN
Unha trintena de persoas, nenos e adultos, sumáronse a tarde de onte á iniciativa da ONG Limp Ocean para limpar a praia de Razo de plásticos e residuos, dar exemplo e educar en conciencia ambiental. Equipados con chalecos azuis, luvas e ganchos para a recollida dos restos. “Estamos aquí para limpar o océano e as costas mentres traballamos para deter a entrada de plástico e residuos mariños cambiando os hábitos de consumo”, sinalan desde a organización.