16 Xullo, 2020

CONFIRMADO O ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO

  • Pantín, e Galicia, destino seguro para o Turismo e Deporte. 

  • O histórico evento chega á súa 33 edición.

Confírmase que entre os días 15 e 23 de agosto terá lugar o ABANCA Pantín Classic Galicia Pro, na praia de Pantín, Valdoviño.
 
A praia de Pantín acollerá en agosto un dos primeiros eventos deportivos con público tras finalizar o estado de alarma. A organización co apoio das institucións públicas e entidades privadas aúnan esforzos para consolidar a imaxe de Galicia como un destino seguro non só para a práctica de surf, senón para o Turismo e Deporte en xeral.
 
Pero o ABANCA Pantín Classic Galicia Pro supoñerá non só unha gran oportunidade no ámbito deportivo internacional, senón tamén para os seus veciños, quen cada ano acollen con ilusión a proba e colaboran para a súa realización, xa que o evento xera un importante impacto económico na zona.

Con cada ano que pasa o ABANCA Pantín Classic Galicia Pro consolida o número de participantes e espectadores, así como o prestixio da proba, e este ano, na súa 33 edición non será menos. Surfeiros de alto nivel xa confirmaron a súa asistencia, tanto en categorías masculina e feminina.
 
A praia de Pantín é o destino preferente á hora de practicar surf, xa que grazas á orientación da praia a ondada entra dunha forma directa, o que garante ondas de maior tamaño e con mellor formación. Pero a praia galega non acolle só grandes ondas, xa que a súa localización asegura que aínda cunha ondada de menor tamaño as condicións sigan sendo óptimas.
 
A gran prioridade nesta edición será a de garantir a seguridade de competidores, traballadores e asistentes ao evento, polo que dentro do recinto pechado que se habilitará durante os días de competición implantarase un protocolo de actuación específico. Así mesmo, tanto dentro como fose do recinto, no paseo e praia, será obrigatorio seguir as normas e especificacións que as Autoridades Sanitarias, a Xunta de Galicia, o Concello de Valdoviño e a propia Organización especificarán para o seguro desenvolvemento da proba.
 

O ABANCA Pantín Classic Galicia Pro é un evento organizado por o Club Praia de Pantín / Classic Surf Pro e conta co apoio institucional da Xunta de Galicia, Xacobeo 2021, Axencia Turismo de Galicia, Deputación da Coruña, Secretaria Xeral de  Igualdade,  Concello de Valdoviño, Deporte  Galego e Federación  Galega de Surf; así como o patrocinio de ABANCA, ESTRELLA GALICIA,  CABREIROÁ,  VITHAS,  GADIS,  VAZVA,  JAEL  JOYERIA, TAG HEUER, WE  sustainability Project e  INTERMAX  technology.