Cristina de Llano e Manuel Fernández lévanse o Open Gallego de Surf de Razo e competirán contra os mellores júnior de Europa

Gran arranque do CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO-CAIÓN 2023 cunhas ondas magníficas e pase directo á liga mundial para Mar Regueira e Sebastián Bamonde, que lograron os outros dous wildcards

Deporte e espectáculo están garantidas nas mangas da WSL júnior que arrincan este xoves ata a final do domingo 24

Razo, Carballo (A Coruña), 20 de setembro. – Ondas grandes e vento lateral combináronse para dar todo un recital de surf no arranque do CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO-CAIÓN 2023, única parada en España do circuíto europeo da World Surf League, que arrincaba a mañá deste mércores cos triais galegos, (Federación Galega de Surf) onde os mozos competiron durante toda a xornada por lograr un dos 4 wildcards en xogo para os mellores; o pase directo á liga mundial de surf para medirse cos mellores júniores de Europa.

A recompensa (wildcard) foi para Manuel Fernández López (Oleiros, 2004) e para Cristina De Llano. Acompañaranlles á competición principal outros dous novos surfeiros galegos como Mar Regueira e Sebastián Baamonde, que quedaron segundos nas súas categorías e lograron o pase ás mangas da WSL a través da Federación Galega de Surf e Deporte Galego, da Xunta de Galicia.

O campionato principal arrinca mañá á primeira hora na pequena cidade do surf que xa está instalada na praia de Razo, que aspira a ser Reserva Mundial de Surf xunto a outros areais da Costa da Morte nunha iniciativa que empuxan o Concello de Carballo, a Deputación da Coruña e a Axencia de Turismo de Galicia.

O evento de Razo (do 21 ao 24 de setembro) é a última etapa do circuíto Prol Júnior da World Surf League Europe (QS1000) nesta tempada e o único que se celebra en España, concretamente en augas galegas. Participan 150 surfeiros (96 mozos e 39 mozas) de 11 nacionalidades na súa última oportunidade de clasificarse para o Mundial Júnior da WSL.
Actualmente, a clasificación en categoría feminina está encabezado por Annette Gonzalez-Etxabarri, tras as súas vitorias en Casabranca (Marrocos) e A Torche (Francia). En categoría masculina, a competencia polo título continental está máis aberta con Sam Piter na cabeza marcado de cerca por Jacobo Trigo, Néstor García ou Iker Trigueros.

PRESENTACIÓN INSTITUCIONAL ÁS 11.00 EN RAZO
Este xoves 21 de setembro ás 11.00 terá lugar a presentación oficial do CABREIROÁ JUNIOR PRO RAZO- CAIÓN con Gony Zubizarreta como anfitrión galego para os novos surfeiros europeos e o director do evento, Yago Barreto xunto aos representantes institucionais da Xunta, a Axencia de Turismo de Galicia, Deporte Galego, a Deputación da Coruña, e os Concellos de Carballo e A Laracha, ademais dos patrocinadores: Cabreiroá, Gadis, Vithas, Intermax e Joyerias Jael

CLASIFICACIÓNS PROL JUNIOR WSL EUROPE 2023
Clasificación masculina (a falta dunha etapa) 1.o Sam Piter (FRA) 1.500 puntos
2.o Tim Elter (DEU) 1.150 puntos
3.o Elay Bochan (ISR) 1.000 puntos
3.o Paco Alonzo (FRA) 1.000 puntos 5.o Thomas Ledee (FRA) 945 puntos 8.a Jacobo Trigo (ESP) 716 puntos 9.a Néstor García (ESP) 700 puntos 9.o Iker Trigueros (ESP) 700 puntos
Clasificación feminina (a falta dunha etapa)
1.a Annette Gonzalez-Etxabarri (ESP) 2.000 puntos 2.a Sarah Leiceaga (FRA) 1.450 puntos
3.a María Salgado (PRT) 1.300 puntos
3.a Nahia Milhau (FRA) 1.300 puntos
5.a Janire Gonzalez-Etxabarri (EUK) 1.000 puntos

EDICIÓNS ANTERIORES
Últimos Campións do PROL JUNIOR WSL EUROPE
2022 Bitor Garitaonandia (ESP) e Janire Gonzalez-Etxebarri (ESP) 2021 Adur Amatriain (ESP) e Janire Gonzalez-Etxebarri (ESP) 2020 Kauli Vaast (FRA) e Janire Gonzalez-Etxebarri (ESP)
2019 Kauli Vaast (FRA) e Mafalda Lopes (POR)
2018 Marco Mignot (FRA) e Nadia Erostarbe (ESP)
2017 Kauli Vaast (TAH) e Teresa Bonvalot (POR)
2016 Titouan Boyer (FRA) e Teresa Bonvalot (POR)
2015 Nelson Cloarec (FRA) e Juliette Brice (FRA)
2014 Vasco Ribeiro (POR) e Tessa Thyssen (FRA)
2013 Leonardo Fioravanti (ITA) e Johanne Defay (FRA)

Deixa un comentario