Dylan Donegan e Hans Odriozola acadaron o campionato mundial sub-16 en 2024 e 2023 respectivamente e agora compiten no Junior
En Longboard, deslumbra o talento precoz de Ginger Caimi, campiona de España con 13 anos
Ferrol, 28 de xuño. – En xuño do 2024, Dylan Donnegan, de Lanzarote, proclamouse campión do mundo surf 16 en El Salvador. Un ano antes, en Praia Macumba (Brasil) foi o vasco Hans Odriozola quen se alzaba coa coroa do mundo do surf profesional. Os dous son surfistas moi noviños e, curiosamente, os dous son os irmáns cativos doutro dúo de ases do surf como Connor Donnegan e Kai Odriozola, tamén cun abultado palmarés na mesma disciplina amosando que o surf tamén ten algo de cousa de familia.
Dous campións do mundo surfeando no Gadis Surf Festival Ferrol, surfeando nas mesmas mangas por abrirse un oco cara a gran final deste domingo na que xa van moi ben encamiñados superando mangas ate chegar hoxe a semifinais. .
“Non é sinxelo facer tantas millas cada ano”, ríe Claudio Donegan, o pai dos irmáns Donnegan, afincado en Lanzarote, que pasan o rato botando uns toques ao balón na zona riders esperando a súa quenda. “Teñen estudos, obrigas e son moitas horas de entrenos dun lado para outro amencendo cada semana nun país ou nunha praia”, explica.A deste sábado foi unha xornada intensísima e moi longa desde as 9 de mañá ate as 18:00 na que se sucederon as competicións de Longboard e Junior con ondas crecentes, longas, maniobrables e de esquerdas, nunhas condicións espectaculares (máis dun metro) de agua e vento.
“O noso paraíso de Esmelle semellaba hoxe unha praia de Indonesia de ondas perfectas con reef incluido”, sinalaron hoxe desde a dirección da competición.
No que atinxe ao puramente deportivo, no Longboard QS 1000 hoxe a semifinais: Edouard Delpero, Thomas Le Bron, Federico Nesti, Roland Lefevreu, Antonio Dantas, Martin Coret, Max Jamet e Julian Schweizer, xa sen representación española logo de que caese Nicolás Andrade, o único español en clasificarse para o CT mundial.
Entre as rapazas, a española Julieta RodriguezVillamil, Justine Dupont, Beth Leighfield, Mare Robroch, Ophelie Ah-Kouren, Thilde Rasmussen e a novísima Ginger Caimi, italo chinesa afincada en Fuerteventura que na pasada edición acadou a terceira praza con tan só 13 anos.
No campionato Junior QS 1000 pasaron a semifinais os lusos Francisco Ordonhas, Matías Canhoto e Joao Mendoza. A sorpresa foi a clasificación, na segunda manga de semifinais de cinco cuatro surfistas españois: Hans Odriozola, Dylan Donnegan, Fernando Ibarra, Alfonso Suarez e Oinatz Ortega.
Entre as rapazas, a semifinais pasaron Carla Morera e Sara Romeu, Maria Dias, María Salgado, Naia Monte, Clara Hirigoyen, Lilou Rumiel e Clemence Schorsch. A mellor onda foi un 9.17 de Alfonso Suárez e entre as rapazas, No caso de Longboard, a mellor onda foi Ophelie Ah-Kouen e nos mozos, para Thomas Le Bron.
FINAIS E ENTREGA DE PREMIOS
As finais disputaranse o domingo pola mañá coa entrega de premios prevista para as 16:0o horas. Ademais dos trofeos de Junior e Longboarddo Gadis Surf Festival Ferrol, pecharase a proba coa entrega das grandes ensaladeiras coas que se entregan as coroas aos mellores lonboarders de Europa neste 2025.