O compromiso do Classic Surf Pro.
Queremos esforzarnos porque este campionato sexa exemplar, tamén, no respecto polo medio natural no que se celebra a proba.
Nesta e nas seguintes edicións imos facer un esforzo extra para introducir medidas de compromiso ambiental que permitan preservar mellor a contorna protexida de Pantín, á vez que a proba sirva como elemento de DIVULGACIÓN e SENSIBILIZACIÓN da necesidade de protexer os sistemas dunares e a riqueza ecolóxica que albergan.
QUEREMOS QUE A XXXIII DO PANTIN CLASSIC continúe sendo referente dun evento de surf recoñecido internacionalmente polo seu COMPROMISO COA CONSERVACIÓN E A BIODIVERSIDADE e como EXEMPLO DEMOSTRATIVO DE COMO O SURF PODE AXUDAR NA PROTECCIÓN DOS ESPAZOS DUNARES E COSTEIROS DE GALICIA.
– Desde xa traballamos para achegar o noso gran de area para que na próxima primavera a PÍLLARA DAS DUNAS críe con normalidade no areal de Pantín, e involucrarnos nas medidas de divulgación que contempla o Plan de Conservación desta especie en Galicia.
– Promoveremos a declaración e sinalización dunha Microreserva de flora ameazada dentro do sistema dunar de Pantin, que poña especial atención en protexer as poboacións de especies ameazadas e en perigo que se atopen nela.
– Queremos que o ABANCA Pantín Classic Galicia Pro sexa un elemento de sensibilización da necesidade de preservar os sistemas dunares.