-
Aelan Vaast e Yago Domínguez, protagonistas desta segunda edición.
-
O evento, catalizador do turismo e do deporte.
A Praia de Doniños acolleu do 9 ao 14 de maio a segunda edición de CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022, durante unha semana na que o sol e as ondas non saíron da costa de Ferrol.
Na costa galega reuníronse surfistas júnior de todo o mundo para competir polo título de campións da proba World Junior Tour da World Surf League (WSL). Na proba participaron máis de 200 surfistas de 15 nacionalidades diferentes, en categoría masculina e feminina.
Pero os grandes protagonistas foron os campións, a tahitiana Aelan Vaast e o vasco Yago Domínguez. Comezaron a proba destacando, e mantivéronse na cabeza ata a final, onde superaron á vasca Janire González Etxabarri e o francés Noa Dupouy.
Ambos campións destacaron que, sen dúbida, ases espectaculares condicións de ondada das que puideron gozar durante a semana de competición foron de gran axuda para dar o mellor de si e conseguir o título.
Así mesmo, non se perderon a proba os mozos promesas Lucía Machado, Keoni Lasa, Juliette Lacome, Moisés Rasines, Annette González Etxabarri e Sam Piter.
Por segundo ano consecutivo, o CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022 sitúase como un catalizador do turismo e do deporte, demostrando que Galicia segue a ser un destino preferente, e actuando do mesmo xeito, como promotora do deporte entre as xeracións máis novas.