En busca dos ‘ Wildcards’ para os Triais de Doniños

Os catro gañadores das probas que se celebrarán o 26 de agosto (9:00 horas) poderán competir no ABANCA Galicia Classic Surf Pro. 

● O Pantín Classic presenta esta cita, que conta coa organización do Club Praia de Pantín 

A praia de Doniños (Ferrolterra; provincia da Coruña) será o escenario que acolla a celebración dos Triais de Doniños (formato Classic), o próximo 26 de agosto (9:00 horas). O Pantín Classic presenta esta cita, que conta coa organización do Club Praia de Pantín, e na que estarán en xogo catro ‘ wildcards’ que darán acceso aos vencedores para competir no ABANCA Galicia Classic Surf Pro.
Dentro das dúas invitacións que están previstas para o QS/10.000 masculino, hai unha que xa está adxudicada para Gony Zubizarreta, como mellor surfeiro galego, mentres que a outra lla disputarán oito competidores: Jonathan González; Martín Casarío; Miguel Pérez-Moneo; Juan Fernández, Andy Criere; Luís Díaz, Hodei Collazo e Marlon Lipke.
Tamén serán oito surfeiros (tres son galegas) as que compitan dentro do QS/10.000 feminino por unha das invitacións: Isabel Gundin; Ariane Ochoa; Ainara Aymat; Lucía Martíño; Melania Suárez; Yolanda Rodríguez; Martina Álvarez e Janire González.
No o WLC/6.000 masculino, os competidores que tomarán parte nos triais son JJ Cabrera; Joel Rodríguez; Alberto de Mario; Alberto Fernández; Nicolás García; Iago Formosel; Jesús Busto e Pablo Solloso; mentres que na categoría feminina serán María Lafuente; Yumey Rodríguez; Esther Capelo; Marta Berenguer; Miriam Mir e Carlota Eguiguren (a falta de confirmación de dous participantes), as que compitan por unha ‘wildcard’.
O organizador do Club Praia de Pantín, Marcos Rodríguez, explicou que “a selección dos participantes realizouse atendendo aos resultados e traxectoria deportiva. Somos conscientes de que hai moitos surfeiros que se quedaron fóra, pero nas próximas edicións faranse rotacións para que estes poidan acudir”.
“Hai nomes como o de Marlon Lipke, a quen lle convide pola súa estreita vinculación coa competición de Pantín, a cal gañou en máis dunha ocasión. Tamén tivemos en conta a proxección doutros riders como os canarios Jonathan González ou Melania Suárez, así como a dos surfeiros locais”, indicou Rodríguez. Neste sentido, remarcou que “lle demos unha invitación a Gony Zubizarreta, por ser o mellor rider galego dada a súa traxectoria en anos anteriores”. Así mesmo, Marcos Rodríguez mencionou que estes triais “son unha novidade para os participantes en ambas as modalidades (surf e longboard), xa que non se fixeron ata agora. Pretendemos dar continuidade nas seguintes edicións, para que os surfeiros nacionais poidan participar nun evento do calendario de surf.

En canto á localización en Doniños, Rodríguez manifestou que “reúne unhas óptimas condicións naturais tanto para o surf como para o Longboard. Hai que agradecer a colaboración en todo momento do Concello de Ferrol, que facilitou a organización deste evento en Doniños, así como a boa sinerxia creada co Concello de Valdoviño”.
ABANCA Galicia Classic Surf Prol conta coa colaboración institucional de Deporte Galego; Turismo de Galicia, Deputación da Coruña; Xacobeo 21; Concello de Ferrol; Concello de Valdoviño; Galicia Calidade; Secretaria Xeral de Igualdade e Consellería Medio ambiente; así como as firmas Abanca; Estrela Galicia; Cabreiroá; Hospital Quirón; Intermax; Volkswagen Yañez; Tagheuer; Xoiería Jael; Gadis; Gam; ITG; Sociedade Mixta de Turismo e Vazva.

Deixa un comentario