2 Setembro, 2019

Espazo Eco- Logic: Varias pequenas accións, en busca dun cambio real

O espazo Eco- Logic dentro do ABANCA Galicia Classic Surf Pro ten programadas diferentes actividades, que contribúan na concienciación da protección do medioambiente e a sustentabilidade. A iniciativa conta co apoio de  Cabreiroá e da organización  Good  Karma. 

Dentro do programa de actos, levou a cabo a Mesa Redonda co lema “Pensa global, actúa local. A sustentabilidade empeza de forma local”, que contou coa presenza do director do evento surfeiro, Miguel  Galeiras; o fundador de Colle3, Óscar García, e Xan Silvar, Presidente de Sociedade Galega de Historia Natural. 

Durante o debate compartíronse ideas sobre como cambiou a forma de pensar e de actuar durante os últimos anos e como se viu afectado a contorna de Ferrol, e en especial as dunas da praia de Pantín. 

Neste sentido, os tres participantes na mesa, coincidiron en que no pasado non se pensaba en coidar as dunas nin en atopar maneiras de reducir o impacto medio ambiental, pero que na actualidade, si que se están desenvolvendo accións específicas nesta orientación. 

Outra das conclusións foi que máis aló do apoio das administracións e empresas, é necesario un cambio de educación e a mellor forma para logralo é a través do exemplo.

Ademais, fíxose unha exposición do compromiso do ABANCA Galicia Classic Surf Pro coa redución do impacto ambiental, facendo un percorrido polos últimos 8 anos. Miguel  Galeiras explicou que desde a organización son conscientes de que “é un traballo a longo prazo”, pero que están orgullosos “cos avances da vixente edición como a posta en uso dos vasos biodegradables, a impresión sobre madeira (reutilizable), botellas de vidro, roupa feita con materiais reciclados, etc”. 

“Estas accións non as poderiamos levar a cabo sen a colaboración de empresas como Estrela Galicia e  Cabreiroá”, dixo. 

Como peche da mesa redonda, a reflexión final foi que calquera acción, por pequena que sexa, conta e achega moito, polo que hai continuar nesta dirección coa mesma ilusión polo cambio.