Espectáculo e boas condicións de mar no cuarto día de competición do ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO

Eliminado o vixente campión Adur Amatriain nunha manga marcada polos tempos de espera e o pouco período entre series.

O único representante galego masculino Manuel Fernández e as representantes galegas Daniela Alonso e Lola Bermúdez despídense do evento.

Categoría feminina
Gran espectáculo por parte das mellores surfeiras europeas do momento con notas excelentes das favoritas. A portuguesa Teresa Bonvalot segue en gran estado de forma despois da súa vitoria a semana pasada en Francia. Teresa comezou forte con dúas ondas de calidade arriscando con manobras de nivel World Tour. A vasca Nadia Erostarbe e a portuguesa Yolanda Hopkins tamén seguen moi adoitadas pasando a rolda 16.

Ariane Ochoa, foi outra surfeira nacional cunha actuación para destacar polo seu surf explosivo e compacto, obtendo unha das mellores sumas totais de toda a rolda.

A mellor onda da mañá leváballa Anat Lelior, a israelita demostrando un surfing de calidade mundial con catro xiros fluídos e radicais asegurándose unha nota de 9 puntos.

A actual campioa do mundo júnior Francisca ‘Kika`Vesselko é outra das favoritas sen lugar a dúbida. A surfeira de Carcavelos deixábanolo claro na súa manga de hoxe cun surf moi maduro e potente.

Categoría masculina
Na categoría masculina o francés Marco Mignot deu un show de surf moderno con dous aéreos seguidos no seu 9.8 e un surf moi sólido nas mellores ondas da manga.

O campión nacional Portugues, Guilherme Ribeiro esta cada vez mais forte e segue firme para rolda 16.

Jorgan Couzinet foi un dos mellores do día de hoxe, con notas excelentes e un surf de expresion session para quentar motores

Joan Duru segue demostrando a súa técnica e experiencia ano tras ano aquí en Pantin e será un dos favoritos esta fin de semana para levarse a vitoria

Cabe destacar a derrota moi temperá do bicampeon Adur Amatriain, nunha manga con poucas/pouas oportunidades e moito nivel de surf por parte do Tahitiano Kauli Vaast.

Aprazadas ata mañá as actuacións do PANTIN SOUND ESTRELLA GALICIA
As condicións adversas de tempo cancelaron ata mañá os concertos do Pantín Sound que se aprazan ata a xornada de mañá.

Deixa un comentario