GARAZI SÁNCHEZ E CAROLINA MENDES IMPARABLES NOS CUARTOS DE FINAL

  • Garazi Sánchez acadou a mellor puntuación total do evento ata o momento e Carolina Mendes a mellor onda da tarde.
  • Tristan Guilbaud, Pedro Henrique e Gatien Delahaye, destacan con grandes actuacións.

Despois dun descanso de tres días, o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2021 volve con forza e remata o día con incribles actuacións dos competidores, que sen dúbida aproveitaron as boas condicións ondulatorias de hoxe.
 
Xogouse a cuarta rolda da categoría masculina, con tres claros protagonistas, o portugués Pedro Henrique, con 12,86 puntos acumulados, e o francés Gatien Delahaye, con 14,33 puntos en total, que obtivo a maior puntuación da tarde e tamén a mellor onda na súa categoría e Tristan Guilbaud, con 12,60 puntos. Este último tamén comentou que lle encanta competir na onda de Pantín e que, aínda que compite con rivais moi fortes, sente confiado en seguir avanzando.
 
Pola súa banda, na categoría feminina realizouse a cuarta xornada clasificándose para os cuartos de final. A surfeira vasca Garazi Sánchez dominou nas súas series desde o principio, obtendo a mellor segunda onda da tarde con 8,03 puntos sobre 10, e a mellor puntuación total do evento ata o momento, con 15,86 puntos.
 
Seguíndoa de preto, a surfista portuguesa Carolina Mendes obtivo a mellor onda da tarde con 8,23 puntos sobre 10 e unha puntuación total de 14,73 puntos.
 
Ademais, Pauline Ado, Lucía MachadoLeticia CanalesAriane OchoaMelania Suárez e Mafalda López competirán nos cuartos de final feminina.
 
A competición da proba da Qualifying Series da World Surf League (WSL) continúa mañá coa convocatoria ás 8:30h para a categoría masculina e ás 10:00h para a categoría feminina, para os cuartos de final.

https://www.youtube.com/watch?v=VSPuVUrHOqI





















Deixa un comentario