
Boísimas ondas e resistencia do público ao vento e a choiva durante unha xornada de surf excelente
Foi, sen dúbida, o campionato das táboas rotas cunha ducia malogradas no mar na forza das ondas
Pantin, Valdoviño, 30 de agosto.- Pantin xa ten o rei e a raíña deste campionato épico en ondas xigantes: son Guilherme Ribeiro e Anat Lelior.
Ribeiro, de 23 anos e local en Caparica, ao sur de Lisboa, impúxose na final ao lograr espremer a penúltima onda da manga, por diante de Ido Hagag (2), Tristan Guilbaud (3) e Frederico Morais (4).
A final feminina, disputouse case ao fío das 20:00 tras dunha xornada moi intensa e extensa con preto de 12 horas de mangas consecutivas, Lelior, de 25, liderou sempre a manga e impuxose a Maria Salgado (2), Anette González-Etxabarri (3), e Lucía Machado (4), que tamén amosaron o seu estado de gracia co surf.
Ambos recibiron os seus premio a última hora da tarde deste sábado de mans do alcalde de Valdoviño, Alberto González, o concello anfitrión do evento, pechando unha semana dee campionato marcado polas ondas xigantes, cos restos do furacán Erin, nun mar por momentos imposible cunha forza imensa que obrigou aos surfeiros a desplegar a súa mellor versión, cun nivel moi alto de esixencia física e mental.
“Pensaba en divertirme, esquecín os scores e estaba enfocada no meu surf”, dixo a ganañadora que adicou a vitoria a súa irmán pequena. Ribeiro, moi apoiado pola bancada dos surfistas lusos.
Da entrega de premios a todos os finalistas tamén participaron este sábado a deputada provincial Rosa Ana García, Deputación de A Coruña; a delegada territorial da Xunta, Martina Aneiros, o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, ademais do representantes de Abanca, Estrella Galicia e Parque Ferrol: Óscar Salgado, Virginia Torres
Levaron os premios as mellores ondas – Best Waves de Cabreiorá- a surfista de Zumaia (Gipúzcoa), Anette González Etxabarri, con 9,76 e o italiano, Enzo Cavallini, quen acadou un 9,60, mentres que a táboa de RedBull asinada por Natxo González, surfista de grandes ondas, foi a mans de
O CAMPIONATO DAS TÁBOAS ROTAS
A de este sábado foi a quinta e última xornada de competición internacional ao máximo nivel (QS 4000) na 38 edición do Abanca Pantin Classic Galicia Pro, unha das catro probas da WSL en Galicia-España deste 2025.
Foi unha competición como non se lembraba na última década polas xigantescas condicións do mar, por momentos tan duras que mesmo forzaron a adiar e retrasar varias mangas. Foi, sen dúbida, o campionato das táboas rotas cunha ducia (ou máis) de surfeiros que sairon coas planchas partidas.
PORTAS ABERTAS O DOMINGO 31
Malia que a competición principal rematou hoxe -houbo de adiarse pola complicada previsión do mar-, cómpre lembrar que o evento terá as súas portas abertas durante a xornada do domingo 31, no horario habitual.
Os Espazos Corresponsables de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, ademais da tenda (11:00) e os espazos gastro, de consumo e market local para o desfrute colectivo, así como a rampa de skate e os bautismo de surf, suxeitos as condicións do mar.
Por último, agradecer aos nosos apoios institucionais e patros privados o seu apoio para facer, un ano máis, do PantinClassicGaliciaPro o evento do verán en Ferrolterra.
Xunta de Galicia-Diputación de A Coruña-Ayuntamiento de Valdoviño- FERROL- AbancaEstrella Galicia/ Cabreiroá- Jael/ Tag Heuer- Parque Ferrol- Gadis- Vithas- Wasted- PepsiOpticas Noroeste- Edommo- Caetano Fórmula- Vazva- Intermax- Diario de FerrolQuincemil- Rock FM- Surflogic