Historia

HISTORIA 1988-2019

O impulso orixinario para o nacemento dunha proba de elite como Pantín, xurdiu hai 31 anos, cando o surf, xa enraizado coma deporte en Galicia, era unha pequena criatura en crecemento.

En Galicia o primeiro club de surf créase en novembro de 1987. Vicente Irisarri, Carlos Bremón, Gonzalo Varro, Carmen Aguilar e Fernando Montalvo, foron entre outros, os que decidiron poñelo en marcha. Coa idea de cubrir este baleiro, nacían case ao unísono o Océano Surf Club, a tenda Aquasurf e o Pantín Classic. Este último cun gran reto: organizar un evento que se puidese equiparar aos que por aquel entón xa existían en Francia, California, Australia ou Hawai. Ondas non faltaban. O apelativo de Classic deixaba claras as intencións xa en 1988.

Por Pantín pasaron oito campións do mundo de surf: Tom Curren, Mark Ochiluppo, C. J. Hoodgood, Damien Hardman, Sunny Garcia, Joel Parkinson, Gabriel Medina e Sofia Mulanovich.

Tendo en conta que o surf profesional chega a España relativamente tarde, este dato pon en perspectiva a magnitude deste campionato. Na edición de 1999 o número de inscritos na proba tocaba a cífra récord de 200 surfeiros – 56 deles australianos–. Ese mesmo ano 25.000 persoas foron testemuña do triunfo dun dos mellores surfeiros de todos os tempos: Joel Parkinson.

No 2000 celébrase en Pantín o primeiro WQS feminino de España.

No 2008 o Club Praia de Pantín toma as rendas como entidade organizadora e en 2009 o Pantín Classic é nomeado mellor evento deportivo de Galicia pola Xunta. Xa en 2010 Pantín convértese, xunto con Azores, na única praia de Europa na que se celebran simultaneamente unha proba masculina e feminina WQS 6 estrelas.

Na presente edición (2019), a proba continúa coa súa evolución e alberga por primeira vez na súa historia unha proba QS 10.000.

2018
Anuario GL Men’s QS GL QS Event GL Women's QS GL

2018

WSL MEN'S QS/3,000, WOMEN'S QS/6,000 AND JQS/1,000
Read More
2017
Anuario GL Men’s QS GL QS Event GL Women's QS GL

2017

WSL QS/6,000 MEN & WOMEN
Read More
2016
Anuario GL QS Event GL

2016

O californiano de orixe xaponesa Kanoa Igarashi e a tamén californiana Sage Erickson foron os vencedores da 29 edición do Pantín Classic...
Read More
2015
Anuario GL QS Event GL

2015

Máis de 35.000 persoas achegáronse a gozar do evento nesta 28ª edición. Malia Manuel, WCT pro rider profesional, gañadora da...
Read More
2014
Anuario GL QS Event GL

2014

áis de 180 surfeiros competidores vindos de todo o mundo. Nesta edición a sorpresa veu de Italia, Leonardo Fioravanti convértese no competidor...
Read More
2013
Anuario GL QS Event GL

2013

mpionato mantén a categoría da edición do 2012, con tres estrelas na proba masculina e seis estrelas na feminina. Na...
Read More
2012
Anuario GL QS Event GL

2012

REVISTA (Castelán): 25 anos de historia, 25 edicións celebradas de modo ininterrompido. Os actos de celebración do 25 aniversario marcaron a...
Read More
2011
Anuario GL QS Event GL

2011

A proba masculina perde unha estrela, e a feminina mantén as seis estrelas. Tras cinco anos Movistar deixa de patrocinar...
Read More
2010
Anuario GL QS Event GL

2010

Volve a proba feminina ao calendario do campionato. En 2010 foi ata agora o ano no que o campionato alcanzou...
Read More
2009
Anuario GL QS Event GL

2009

Os axustes de orzamento levan a que este ano desapareza da programación a proba feminina. Por primeira vez en dez...
Read More
2008
Anuario GL QS Event GL

2008

Sen dúbida unha edición que pasará á historia por moitos motivos. Tras vinte anos o Océano Surf Club cede a organización ao Club...
Read More
2007
Anuario GL QS Event GL

2007

Dentro dos actos conmemorativos do vixésimo aniversario de organiza no Centro Cultural Torrente Ballester a exposición “Pantín Classic: colección de...
Read More
2006
Anuario GL QS Event GL

2006

Iguálase o número de estrelas nas dúas competicións, tres estrelas. Movistar pasa a ser o patrocinador principal do campionato. O...
Read More
2005
Anuario GL QS Event GL

2005

O evento incrementa o seu número de estrelas, pasando a ter unha categoría de tres estrelas na competición masculina e...
Read More
2004
Anuario GL QS Event GL

2004

O ano do hawaiano T.J. Barrow. Adelina Taylor repite o título alcanzado no ano 2002. Un mozo Jeremy Flores participa...
Read More
2003
Anuario GL QS Event GL

2003

Un novo acontecemento alleo ao surf marca a competición. Neste ano o afundimento do Prestige. Eric Rebiere gaña nunha final...
Read More
2002
Anuario GL QS Event GL

2002

Mantense a categoría do campionato e volven de novo as ondas grandes. Shawn Sutton repite o título logrado no ano...
Read More
2001
Anuario GL QS Event GL

2001

O campionato vén marcado polo atentado en Nova York ás Torres Xemelgas, tres días antes do inicio da proba. De...
Read More
2000
Anuario GL QS Event GL

2000

ras o ano das estrelas chega o ano das vacas fracas. O campionato pasa de 4 a 2 estrelas. Como...
Read More
1999
Anuario GL QS Event GL

1999

De novo Headworx e regresa Ballantines como patrocinadores principais. O campionato mantén a súa categoría de 4 estrelas, no que...
Read More
1998
Anuario GL QS Event GL

1998

Headworx é o novo patrocinador principal no campionato que alcanza por primeira vez a súa máxima categoría: 4 estrelas, e...
Read More
1997
Anuario GL QS Event GL

1997

Con Ballantines como patrocinador principal, Tom Curren visítanos de novo, e a el únese na lista de campións do mundo,...
Read More
1996
Anuario GL QS Event GL

1996

O ano do guindastre de Red Bull. Por segundo ano na súa historia o campionato celébrase no mes de agosto....
Read More
1995
Anuario GL QS Event GL

1995

Tom Curren en Pantín!. O tres veces campión do mundo compite no noso campionato. Acompáñao a súa filla Le Anne,...
Read More
1994
Anuario GL QS Event GL

1994

Volta ao outono, o campionato celébrase entre os días 22 e 25 de setembro. De novo dúas probas en paralelo:...
Read More
1993
Anuario GL QS Event GL

1993

campionato celébrase por primeira vez en pleno verán, entre o 29 de xullo e o 1 de agosto, cunha praia...
Read More
1992
Anuario GL QS Event GL

1992

Un top-five mundial por primeira vez en Pantín: Mark Occhilupo, Occy, participou en Pantín nun momento complicado da súa carreira...
Read More
1991
Anuario GL QS Event GL

1991

A primeira edición con ondas inmensas. Quiksilver incorpórase como patrocinador principal do evento, iniciándose unha frutífera relación de patrocinio que...
Read More
1990
Anuario GL QS Event GL

1990

Edítase por primeira vez a revista do campionato con David Malherbe na portada. O campionato entra a formar parte do...
Read More
1989
Anuario GL QS Event GL

1989

O surafricano David Malherbe vence na segunda edición da proba ao británico Mike Raven, ao australiano Mat Manners e ao...
Read More
1988
Anuario GL

1988

Primeira edición do Pantín Classic, celebrada entre os días 23 e 25 de Setembro. Jorge Imbert (Euskadi) imponse na final...
Read More