Jadson Andre e Evan Geiselman entran na ronda 3 do ABANCA Galicia Classic Surf Pro

  • Os españois  Aritz Arunburu e Rubén Vitoria non logran superar a ronda 2 do  QS/10,000 masculino
  • Está prevista a disputa das doce primeiras mangas da fase, para logo comezar cos cuartos de final da competición feminina no ABANCA Galicia Classic Surf Pro
  • A representación española na categoría masculina redúcese a Vicente Romero, Andy  Criere, e Gony Zubizarreta, que aínda non competiron

O 29ª da clasificación do  Championship Tour ( CT), o brasileiro Jason  Andre e o estadounidense  Evan  Geiselman pasaron a ronda 2 do  QS/10,000 masculina, durante a sesión matutina do ABANCA Galicia Classic Surf Pro, que se está disputando na praia de Pantín (Valdoviño, Ferrolterra, provincia da Coruña).

Os españois  Aritz Aranburu e Rubén Vitoria non lograron superar a ronda 2. Aranburu (52º da clasificación do QS) acabou terceiro na manga inicial da sesión matutina, cedendo fronte ao francés  Timothee Bisso e o brasileiro Peterson Crisanto. Pola súa banda, Rubén Vitoria, que viña de pasar a primeira ronda, non puido entrar nunha manga na que mediu co Jadson Andre. En segundo lugar, acabou o francés Tristán Guilbaud. 

Nas outras dúas mangas que se disputaron, clasificáronse o brasileiro Marco Fernandez, o australiano Matt Banting e o francés Charly  Quivront. 

Quedaron fóra da competición, o australiano Jason Baker, que na primeira ronda conseguiu a ‘Mellor onda do día’, con 9,27 puntos; así como o  neozelandés Elliot Paerata Reid, que logrou a ‘Mellor puntuación acumulada do día’, con 16,83 puntos.

Está previsto que durante a xornada deste martes, dispútense as doce primeiras mangas da ronda 2, para dar paso á competición do  QS/10,000 feminino, coa ronda de cuartos de final. 

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta co apoio institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO, GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.

Deixa un comentario