Janire González-Etxabarri e Nicolas Paulet, campións do Cabreirorá Junior Pro Razo Caion 2023

As dúas irmás de Zumaia clasifícanse para o Mundial da WSL en San Diego xunto a San Piter e o surfeiro de Israel, Elay Boochan

Razo (A Coruña), 24 setembro.-  Sol e buenísimas ondas foron a tónica predominante neste primeiro campionato internacional na Costa da Morte Razo-Caión, -do 20 ao 24 de setembro-, última parada do circuíto Europeo da WSL (World Surf League) onde a surfeira de Gipúzcoa, Janire González-Extabarri (Zumaia, 2005)e o francés Nicolas Paulet (Biarritz, 2004), coroáronse este mediodía como os reis da praia de Razo con 18 e 19 anos respectivamente.

As e os campións subiron xuntos ao podio, nunha competición que destacou por ser dos primeiros eventos deportivos en equiparar premios en categorías nunha aposta irreversible pola igualdade no deporte desde a base. Janire González-Etxabarri e Nicolas Paulet levantáronse ao podio  xunto aos segundos e terceiros clasificados: Aealan Vaast (2), Maria Dias (3) e Nadia Milhau (3), en mozas e Sam Piter (2), Noa Dupoy (3) e Francisco Mittermayer (3)entre os mozos.

Nicolas Paulet logrou a súa primeira gran vitoria da tempada e agradeceu o apoio do público nunha final de infarto cunhas ondas magníficas mentres que Janire González-Etxabarri expresou a súa alegría por facerse co título que lle dá o pase ao mundial junior de California.  “porque o tiña moi difícil”. “Creo que pronto me virei a vivir a Galicia porque teño algo especial con este sitio”, chanceou.

Janire González-Etxabarriya proclamouse gañadora no Abanca Pantin Classic Galicia Prol o pasado 3 de setembro na praia de Pantín (Valdoviño) mentres que a súa irmá Anette coroouse onte como a raíña de Europa junior WSL 2023 na mesma praia de Razo. Ambas representarán a Europa no mundial de surf de San Diego en categoría sub-21, mentres que entre os mozos lograron en pase: San Piter e o surfeiro de Israel, Elay Boochan.

O premio á mellor onda (10) foi a mans do vasco francés Kepa Housset-Esponza mentres que a mellor onda das mozas -9,5- foi o que obtivo  Janire González-Extabarri.  Ambos levaron un cheque de 500 euros de Cabreiorá (Hijos de Rivera), patrocionador que pon nome á competición internacional.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrerro e o vicepresidente da Deputación provincial, Xosé Regueira,  cuxa implicación foi determinante para facer de Razo a capital do surf junior,  participaron na entrega de premios a pé de praia aos primeiros e segundos clasificados xunto a dous dos principais patrocinadores: Cabreirorá, e Gadis, representadas por Lorena Heras e Lucía Santos, que entregaron o galardón aos terceiros clasificados.

A GRAN FINAL

Este domingo desde primeira hora da mañá (9:00 horas), e coa marea subindo, disputáronse as mangas finais do campionato internacional da WSL en Europa na Costa da Morte cos cuartos de final, semis e final feminina-  En categoría masculina, desenvolvéronse as semifinais e a final en categoría masculina, que enfrontou a dous compatriotas, os franceses San Piter e Nicholas Paulet.

Ademais de disputarse os puntos e o trofeo da series junior de Razo, os 150 deportistas en liza xogábanse a coroa de Europa e o título de campioa e campión de Europa Junior Prol 2023, que xa nas mangas do sábado, por puntos, foi a mans da nova surfeira de Zumaia, Annette González-Extabarri e do francés Sam Piter (Hossegor, Francia).

Despídese así un campionato internacional da WSL que se disputou por primeira vez na praia de Razo e que veu para quedar, co apoio impresincible da Xunta (Axencia de Turismo de Galicia e Deporte Galego), a Deputación da Coruña e os concellos de Carballo e A Laracha e os patrocinios de Cabreiroá, Gadis, Vithas, Intermax e Xoiería Jael.

Deixa un comentario