Jatyr Berasaluce e Ariane Ochoa impóñense nos Triais de Doniños

  • Ambos os  riders gañaron en categoría masculina e respectivamente, gañando a ‘ wildcard’ que lles permitirá competir no ABANCA Galicia Classic Surf Pro
  • Jon  Luo  Berasaluce e Carlota  Jáuregui venceron na modalidade de  Longboard
  • Miguel Pérez- Moneo e Isabel Gundín clasificáronse como os ‘mellores galegos’

Jatyr  Berasaluce e  Ariane  Ochoa lograron o triunfo nos Triais de Doniños, dentro das categorías masculina e feminina respectivamente, que se disputaron este luns (27 de agosto), na praia de Doniños (Ferrolterra, provincia da Coruña), organizado polo Club  Praia de Pantín.

Foto: ClassicSurfPro

Con este resultado, ambos os  riders conseguiron as ‘ wildcards’ que lle dan dereito a participar no  QS/10.000 masculino e feminino no ABANCA Galicia Classic Surf Pro, que terá lugar na praia de Pantín, entre o 28 de agosto e o 7 de setembro, pertencente ao circuíto da World Surf  League.

Xunto a eles, tamén participarán Miguel Pérez- Moneo e Isabel Gundín, que foron os mellores competidores galegos en Doniños.

No apartado de  Longboard, dentro do cadro masculino, o triunfo foi para Jon  Lui  Berasaluce, mentres que no  feminio, a vitoria foi para Carlota  Jáuregui. Tanto un como outro teñen a invitación para a proba do World  Championship  Longboard ( WLC), con valor 6.000, que tamén se desenvolverá en Pantín (do 28 ao 31 de agosto).

Jaye  Berasaluce logrou impoñerse na final, fronte a surfeiras da talla do canario Jonathan González, Iker  Amatriain e  Lander Dávila. Na final feminina,  Ariane  Ochoa, acabo primeira, por diante de Lucía Machado,  Yanire González e Ainara  Aymat.

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta coa colaboración institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO,GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.

Deixa un comentario