JOHANNE DEFAY, ARITZ ARANBURU, JOAN DURÚ, GARANTÍA DUN ALTO NIVEL NO ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO 2020

  • Maxime Huscenot, Maud Le Car e Vasco Ribeiro entre os rexistrados.

  • Os gañadores do Open Rexional Galego poderán participar no ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO.

Pantín será o punto de encontro durante os días 15 e 23 de agosto do mellor surf internacional durante o ABANCA PANTÍN CLASSIC GALICIA PRO. Máis de 140 surfeiros inscribíronse xa para a competición, en categorías masculina e feminina.
 
Nesta edición poderemos contar coa presenza de grandes competidores como Johanne Defay (Isla Reunión), Joan Durú (Francia) e Aritz Aranburu (País Vasco), que sen dúbida se posicionan como os favoritos para a vitoria.
 
Pero tamén estarán presentes surfeiros como Maxime Huscenot (Francia), Maud Le Car (Francia), Teresa Bonvalot (Portugal), Garazi Sánchez (País Vasco), Vasco Ribeiro (Portugal), Luís Díaz (Illas Canarias) Jonathan González (Illas Canarias), Ariane Ochoa (País Vasco), Nadia Erostarbe (País Vasco) e Gony Zubizarreta (Galicia) entre outros.
 
A eles uniránselles os campións e subcampións, en categorías masculina e feminina, do Open Rexional Galego, que terá lugar os días 15 e 16 de agosto.
 
Pero non só poderase gozar do mellor surf internacional, se non que durante os días de competición realizaranse diferentes actividades do proxecto Pantín Eco- Logic, coa intención de ensinar a importancia de coidar as nosas praias e a reciclaxe, entre moitas outras cousas. Consulta o programa completo de actividades e o acceso de rexistro ao evento na web oficial https://classicsurfpro.com/.

Deixa un comentario