José Luis  Berasaluce cóase en terceira ronda xunto cos ‘cabezas de serie’

  • Rider español acabou segundo na súa manga da ronda 2, por detrás do actual líder do World  Longboard  Championship Tour, o estadounidense Justin  Quintal
  • A previsión para mañá (xoves 29 de agosto) é que as condicións sexan aínda mellores para a práctica do Longboard, tras o bo espectáculo ofrecido durante a primeira xornada 

A praia de Pantín foi o escenario este mércores 28 de agosto no que arrincou o ABANCA Galicia Classic Surf Pro, coa competición na modalidade de  Longboard, incluída dentro do calendario do World  Longboard  Championship Tour, organizado pola World Surf  League. 

Nunha primeira xornada marcada polas boas condicións, púidose ver un bo espectáculo por parte dos participantes do cadro masculino da especialidade, que disputaron as dúas primeiras rondas. 

Classic Surf Pro
Classic Surf Pro

Dentro do máis destacado, hai que facer mención á notable actuación do  rider español José Luis  Berasaluce que lle permitiu acceder a terceira ronda, tras acabar  segundo na súa manga da ronda 2, xusto por detrás do actual líder da competición, o estadounidense Justin  Quintal. 

Berasaluce gañouse o dereito para competir no ABANCA Galicia Classic Surf Pro, tras conseguir o ‘ wildcard’ que estaba en xogo nos Triais de Doniños celebrados o pasado luns (26 de agosto).  

Classic Surf Pro
Classic Surf Pro

O resto de ‘cabezas de serie’ seguen avanzando na competición. Tanto o segundo clasificado da xeral, o australiano  Harrison  Roach, como o hawaiano  Kaniela  Stewart, quinto clasificado, foron os vencedores nas súas mangas. 

Xunto a eles tamén se clasificaron para a ronda 3: Lucas Garrido (Perú),  Clement  Roseyro (Francia), Clinton  Guest, Anthony Spencer, Max  Wenston, Jack  Entwistle (Australia),  Wenderson  Biludo, Carlos Baía,  Jefson Silva, Gabriel  Nascimiento (Brasil),  Taka  Inoue (Xapón) e  Joao  Dantas (Portugal). Empezan a competición neste punto: Taylor  Jensen e Tony  Silvagni (Estados Unidos), terceiro e quinto clasificado respectivamente, e  Edouard  Delpero (Francia), noveno. 

Doutra banda, quedaron fóra da proba  contrapronóstico, o australiano  Nic Jones, quinto no Mundial, e o brasileiro  Phil  Rajzman, noveno. 

En canto aos resultados destacados do día, a mellor puntuación en ondas foi para  Harrison  Roach, con 7,33 puntos; mentres que a mellor puntuación acumulada nunha manga, foi para Justin  Quintal, con 13,17 puntos. 

No que ao cadro feminino refírese, realizouse o ‘check-in’, pero aínda non comezou a competición, polo que as primeiras rondas terán lugar este xoves (29 de agosto).

Cabe sinalar, que se prevén que as condicións serán aínda máis idóneas para a práctica do  Longboard na segunda xornada, o que permitirá aos competidores ofrecer un espectáculo tan bo como o que se puido ver na primeira xornada na cita galega. 

ABANCA Galicia Classic Surf Pro conta coa colaboración institucional de Xunta de Galicia (Turismo de Galicia, Xacobeo 2021, Deporte Galego, Galicia Calidade, Secretaria Xeral de Igualdade, Conselleria de Medioambiente), Deputación de A Coruña, Concello de Ferrol, Concello de Valdoviño, Sociedad Mixta de Turismo de Ferrol, Costa das Ondas y Federación Galega de Surf, así como as firmas ABANCA, ESTRELLA GALICIA, CABREIROA, HOSPITAL QUIRON, INTERMAX, VOLKSWAGEN YAÑEZ, TAGHEUER, JOYERIA JAEL, SIROKO,GADIS, GAM, ITG Y VAZVA.

Deixa un comentario