-
O tahitiano Kauli Vaast e o vasco Janire González Etxabarri lideran coas mellores puntuacións do evento ata o momento.
-
A acción continuará a partir das 18:30h coa terceira ronda en categoría feminina.
A segunda xornada de competición comeza con grandes actuacións dos competidores, que están aproveitando as condicións para seguir avanzando na competición.
Primeiro foi a quenda da categoría masculina coa disputa da segunda volta, onde o tahitiano Kauli Vaast conseguiu a mellor puntuación da proba ata o momento cun total de 15 puntos.
Tamén destacan os franceses Justin Becret e Tiago Carrique, que acadaron algunhas das puntuacións máis altas da mañá, cun total de 13,84 e 13,13 puntos respectivamente. Xunto a eles, o tamén francés Joan Durú, que leva case 15 anos competindo na Praia de Pantín, “estar no 35 aniversario é unha honra. Este é un fogar lonxe da casa”, dixo.
A partir das 11, a categoría feminina tomou o relevo, destacando as portuguesas Teresa Bonvalot e Yolanda Hopkins. Ambos fixéronse con dúas das mellores puntuacións da súa categoría, con 12,57 e 12,63 respectivamente.
Pero a gran protagonista foi sen dúbida a vasca Janire González Etxabarri, que acadou unha puntuación total de 14,77, a máis alta da súa categoría ata o momento. “Moi contenta de volver competir en Galicia, conseguín dúas boas ondas de 7, e agora agardando a próxima serie”, dixo.
A acción continuará na Praia de Pantín, coa competición da proba da World Surf League (WSL), sendo a terceira xornada en categoría feminina a partir das 18:30h.