28 Abril, 2022

MÁIS DE 230 SURFEIROS INSCRITOS PARA CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022

  • Janire González Etxabarri, Lucía Machado e Kauli Vaast, entre os confirmados.
  • Praia de Doniños, un referente do surf internacional.

Polo de agora son xa máis de 230 os deportistas que confirmaron a súa asistencia a CABREIROÁ JUNIOR PRO FERROL 2022.
 
Esta segunda edición acollerá aos mellores surfistas júnior do circuíto mundial na Praia de Doniños, en Ferrol, un referente no ámbito do surf internacional.
 
A surfista vasca Janire González Etxabarri fixo historia na anterior edición ao converterse na primeira campioa desta proba, e este ano volverá a Doniños disposta a defender o título.
 
Xunto a ela enfrontaranse a canaria Lucía Machado, a francesa Aelan Vaast e a portuguesa Gabriela Dinis, entre outras.
 
Pola súa banda, en categoría masculina, destacan os mozos promesas Kauli Vaast, da Polinesia Francesa, o francés Sam Piter, o vasco Kai Odriozola e o portugués Afonso Antunes.
 
Por segundo ano consecutivo, esta cita do World Junior Tour da World Surf League (WSL) volverá situar a Galicia no centro do panorama deportivo internacional, consolidando a súa imaxe como destino preferente do deporte internacional.